ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES

LETRILANDIA, MÉTODO DE LECTOESCRITURA  

Domingo, 27 de outubro de 2013

Deixamos referencias deste método (guía didáctica e contos), que se usou e se utiliza no Castro Baxoi, para coñecemento de nais e pais e realización de exercicios de apoio.

 

Letrilandia 1: Aplicación JCLIC como apoio ao método Letrilandia con actividades de reforzo para as letras: u, a, o ,e, i, p, l, m, s, n, ñ.

Letrilandia 2: Aplicación JCLIC como apoio ao método Letrilandia con actividades de reforzo para as letras: t, d, j, y.

Ver presentación do sistema noutro colexio.

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

A EDUCACIÓN COMO FERRAMENTA DE CAMBIO  

Mércores, 9 de outubro de 2012

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

o pec: documento mestre do colexio 

Domingo, 30 de xuño de 2013

O Proxecto Educativo de Centro (PEC) é "o instrumento de planificación que define as notas de identidade do centro, concreta as intencións educativas e serve para lles dar sentido e orientación ás actividades do centro".

Acábase de aprobar no Consello Escolar a actualización do PEC do noso centro e se fai necesario o volcado das aportacións que as familias podamos facer a este documento, sen dúbida, un dos máis importantes do CPI, e que guía a actividade do mesmo, polo que requirimos das nais e pais que nos chamen ou remitan ao noso correo as súas contribucións, que serán debatidas no Consello Escolar unha vez aprobadas pola Xunta Directiva da Anpa. A inlcusión das aportacións na vindeira revisión do PEC dependerá do que se acorde no mencionado Consello Escolar.

A PARTICIPACIÓN DE TODOS NO COLEXIO REQUIRE DE ESFORZOS INDIVIDUAIS, neste caso é moi importante que as familias lean o PEC, a lexislación sobre o mesmo, e fagan as súas aportacións. Leva certo tempo, pero paga a pena para o futuro do Castro Baxoi se queremos realmente que sexa o colexio de todos. ¡¡¡Adícalle un tempo este verán!!!

ANPA CASTRO BAXOI INFORMA

HIPERPATERNIDADE: NOVA EIVA?  

Venres, 17 de maio de 2013

"La Vanguardia", neste caso, coma noutros anos "El Pais", publica este interesante artigo sobre a hiperpaternidade, unha eiva que a psicóloga Madelaine Levine e outros autores coñecen ben, e sobre a que nos advirten para evitala. 

...VER ARTIGO...   ...VER ARTIGO...

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

NON AOS CASTIGOS  

Sábado, 24 de febreiro de 2013

Vaia un repaso ás consecuencias de educar con castigos... Neste artigo danse ideas prácticas de como evitalos e se repasan as consecuencias de aplicalos.

...VER ARTIGO... ...VER ARTIGO...

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA


REPASO PARA COMEZAR O CURSO  

Sábado, 29 de setembro de 2012

Incluimos este link con recomendacións para facer un "check list" de última hora na organización familiar, de cara ao comezo do curso. Non está de máis aportar ideas, sabendo que cada familia é un mundo...

PRIMERA REUNIÓN FAMILIAR 

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

ESCOLA DE NAIS E PAIS  

Curso académico 2011-2012.

Curso de formación presencial para nais e pais de alumnos e alumnas do Castro Baxoi no 2012.

A Anpa Miño Castro Baxoi organiza para o terceiro trimestre do curso 2011-2012 unha actividade formativa para pais ou nais de alumnos do Castro Baxoi. 

O curso farase os venres 1, 8 e 15 de xuño de 2012, no CPI Castro-Baxoi, de 21:30 a 22:30 h.

Como inscribirse:

Para anotarse nos cursos podes cubrir o seguinte formulario  ou remitir correo electrónico á ANPA indicando o nome do pai ou nai que vai a asistir e a manifestación do compromiso de integrarse na ANPA se fose o caso. As inscricións deberán chegar antes do 30 de maio. Por motivos de metodoloxía docente, só se permite a inscrición en cada curso dun adulto por cada unidade familiar.

Os socios e socias da Anpa Miño Castro Baxoi deberán achegar 15.00 € por asistente. O prezo para non socios/as é de 30.00 €. Os non socios/as con compromiso de integrarse na asociación no mes de setembro do 2012 que desexen asistir, achegarán a mesma contía que os socios e socias: 15.00 €. 

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA