ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES
acción poética no castro baxoi  

Mércores, 25 de xuño de 2014

Deixamos testemuña desta iniciativa creativa e creadora e felicitamos aos docentes responsables da idea, e aos escolares que participaron no mes de novembro e se atreveron a decorar o cole deste xeito tan orixinal. Parabéns!!!

Ver programa coa idea.


ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

PROGRAMA INMERSIÓN LIGÜÍSTICA 6º EP  

Sábado, 26 de outubro de 2013

Os alumnos de 6º de primaria do Castro Baxoi participaron entre o 20 e o 26 de outubro nun programa de inmersión lingüística no centro YMCA de Priego, (Cuenca). 

Tratóuse dun campamento de inmersión 100% Inglés financiado pola Consellería de Cultura e solicitado polo noso colexio para o seu alumnado no que se combina a inmersión lingüística coa diversión dun Campamento YMCA estilo USA. A actividade estivo chea de inglés, natureza, xogos, deportes, actividades multiaventura, workshops, excursións, cultura, amigos, cancións, etc, incluídas varas horas diarias de clase formal de inglés. 

Estamos recollendo información moi positiva das familias en relación a esta iniciativa. Parabéns aos profesores que fixeron a proposta e a todos os que participaron na organización da actividade.

Ver liña do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras da Consellería de Cultura. 

ANPA CASTRO BAXOI INFORMA

ENCONTRO INFORMATIVO SOBRE INTERNET PARA NAIS E PAIS 

Luns, 18 de marzo de 2013

O equipo directivo do CPI convocou para o martes, 19 de marzo, ás 19:30 na aula de usos múltiples ás nais, pais ou titores de alumnos para facer un encontro informativo sobre o seguinte tema:
-Riscos de internet: Usos, abusos e mellora da convivencia e da seguridade escolar en relación á rede.
A charla correrá a cargo dun experto proposto pola Consellería de Educación para informar destes asuntos. Desde a Anpa invitamos a participar activamente neste encontro. Na situación actual é do máximo interese para todos e todas.

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

...UN traballo por proxectos...  

Mércores, 20 de febreiro de 2013

Marta Meilán, profesora de infantil do noso colexio, publica na "Revista Ensaio" unha experiencia educativa que se formulou na escola de Fontenla de Cabana de Bergantiños, chamada "DESCUBRINDO O ANTIGO EXIPTO". O proxecto "baseouse nuha concepción construtivista da aprendizaxe, onde se formulou o coñecemento como unha elaboración activa por parte do alumnado, nuha contorna na que aprenden e construen saberes a partir dos seus propios intereses, necesidades e motivacións...link do artigo completo.

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

unha experiencia arredor da historia  

Mércores, 20 de febreiro de 2013

Publícase na Revista Galega do Ensino, un artigo de Carmen Presedo, amosando unha experiencia educativa arredor da historia da que os pais e nais somos conscientes, pero é posible que descoñezamos os seus fundamentos. Remitimos abaixo a unha parte deste artigo, e ao link do artigo completo.

"Co fin de dinamizar a vida escolar e, entre outras cousas, promover a lectura, a busca de información e a elaboración de documentación propia en diferentes soportes, a biblioteca foi propoñendo cada ano un tema ao que se achegaron, desde perspectivas diferentes, moitos profesores e alumnos a través de diversas actividades de clase, nivel, etapa ou centro, como por exemplo: lectura, creación literaria, documental e artística, conferencias, exposicións, cine etc. ... Pero é a historia, coas súas diferentes etapas, a que protagoniza xa as nosas campañas, porque ofrece a continuidade que o traballo colectivo precisa, é un campo de estudo extenso e con múltiples facetas que pode ser abordado facilmente desde un punto de vista multidisciplinar e con graos de dificultade e profundidade diversos, e ademais permite comprender a evolución da humanidade e, consecuentemente, o que nós somos. Por iso trazamos un plan de acción a longo prazo que dividimos do xeito seguinte: 

-A prehistoria e as primeiras civilizacións (2010-2011)

-O mundo clásico. Grecia e Roma (2011-2012)

A Idade Media (2012-2013)

-Eureka! Somos científicos: o Humanismo e o Barroco (2013-2014)

-E por fin vemos a luz: a Ilustración (2014-2015)

-O mundo en revolución: o século XIX (2015-2016)

-Facémonos modernos: o século XX -ata 1945- (2016-2017)

-Camiñamos ata o presente -desde 1945 ata hoxe- (2017-2018)"

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

RECUPEROUSE O HORTO ESCOLAR  

Sábado, 12 de xaneiro de 2013

Algúns membros da xunta directiva decatámonos de que moitos pais e nais non coñecen que este curso académico se recuperaron o invernadoiro e o horto escolar.

Semella que se consolidou un proxecto estable para integrar o medio natural na nosa escola, ademais do compromiso na utilización de productos biolóxicos no mesmo.

Aínda que non se solicituou formalmente ata o de agora a colaboración das familias no proxecto, se algún pai ou nai ten interese en axudar ou colaborar no horto, por favor, contacte coa directiva da Anpa, quen poderá temén impulsar este tipo de inciativas. Recordade que o colexio é de todos, e que entre todos facemos o centro escolar.

Parabens aos profesores que co seu esforzo están levando adiante este proxecto.

Deixamos os links á páxina do cole que trata do tema.

Galería fotográfica

Horto escolar CPI Castro Baxoi

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA