ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES

Solicitudes de inscrición novos socios:

Poderán solicitar a inscrición como "socios numerarios" as nais e pais de alumnos que cursen estudos no CPI Castro Baxoi de Miño no momento da solicitude. Rematados os estudos no centro ou tras un traslado do rapaz a outra escola ou instituto, producirase a baixa como socio numerario, podendo solicitar o socio o mantemento na Anpa Miño Castro Baxoi como "socio colaborador".

Co pagamento dunha única cota anual de 20.00 € poderán inscribirse como socios aos adultos membros dunha unidade familiar. Non se contemplan pagos engadidos á cota anual polo feito de inscribirse.

Para facer a inscrición, debe completarse e remitirse escaneado este formulario de solicitude a:

inscricions@anpacastrobaxoi.gal 

Tamén se pode deixar o documento cuberto e firmado nun sobre na secretaría do centro educativo. Non se admitirán inscripcións sen as firmas dos solicitantes ou sen a domiciliación bancaria. É conveniente revisar as instruccións do formulario. Débese cubrir o campo: "correo electrónico", xa que procuramos que todas as comunicacións entre os socios e a ANPA sexan a través dese medio.

Os solicitantes pertencerán á asociación cando sexan procesados os datos administrativos pola organización, e tramitado o cargo bancario da anualidade. Desde a tramitación da solicitude ata o 31 de agosto seguinte os novos socios pertencerán a asociación con todos os dereitos e obrigas. A cota non será en ningún caso fraccionable, nin suxeita a rateo por altas ou baixas que non completen o ano como membros da asociación.

O pago da cota anual realizarase mediante domiciliación bancaria coa finalidade de falicitar o proceso de pago aos socios. Non se aceptarán transferencias nin ingresos en conta.

Mantemento como asociados: Período de pago.

Entre o 1 e o 30 de setembro os socios, se fose o caso, poderán actualizar os seus datos mediante o formulario de solicitude, -chegaralles a través dos fillos- pasándoselles ao cargo a cota domiciliada a mediados do mes de outubro. A achega cubrirá a permanencia como socio ata o 31 de agosto do seguinte ano. Causarán baixa na asociación os socios ou socias que non teñan aboada a súa cota o 31 de decembro dese mesmo ano.

Para o curso 2016-2017 manteránse como socios os que asinaron o formulario de inscrición do ano anterior e non indicaron a baixa neste formulario, agás as familias con fillos ou fillas que finalizaron estudos no Castro Baxoi, que non necesitarán tramitar a baixa.

Política de privacidade da Anpa Miño Castro Baxoi:

Coa solicitude de inscrición ou o pago da cota anual como asociado acéptase expresamente a política de privacidade da asociación.

 ...ver política de privacidade...

Anpa Miño Castro Baxoi informa.