Sábado, 10 de setembro de 2016
Prazo de matrícula: Do 22 de xuño ao 8 de setembro de 2016. A documentación pódese recoller e presentar na secretaría do centro escolar.
Para a tramitación da matrícula de comedor deberánse cubrir dous documentos:
Solicitude de praza con domiciliación
Folla de inscrición ou de matrícula da Anpa.
No caso de alerxias ou intolerancias, será imprescindible presentar o Modelo de solicitude de Dietas.
Para os usuarios socios da ANPA, o importe da matrícula será gratuíta
No caso de familias que non desexen asociarse, deberase autorizar o cargo de 18.00 € en concepto de matrícula mediante o formulario, marcando un "X" en "Matrícula comedor" e cubrindo os datos bancarios.
Para facer unha modificación de servizo (por exemplo de fixo a fixo discontinuo ou esporádico, ou cambio de días de fixo discontinuo) deberá cubrirse o documento de MODIFICACIÓN DE SERVIZO e deixar unha copia á monitora do comedor e outra na secretaría do centro para á Anpa. As modificacións deben comunicarse antes do día 20 do mes anterior ao mes no que se produza o cambio.
O servizo prestarase en colaboración coa empresa de catering JARDANAY.
Os prezos serán os seguintes:
PREZOS COMEDOR ESCOLAR CPI CASTRO BAXOI CURSO 2015-2016 "Empresa Jardanay" | EUROS Todos os meses o mesmo prezo. |
Matrícula comedor socios ANPA | Gratuita |
Matrícula comedor non socios ANPA | 18.00 |
Fixo mensual | 77.55 |
4 días semana | 63.65 |
3 días semana | 48.22 |
2 días semana | 32.32 |
1 día semana | 16.26 |
Esporádico (require matrícula e seguro) | 5.65 |
Seguro Anual Obrigatorio (un pagamento único para extraescolares, comedor e mañanceiros) | 5.00 |
Seguro obrigatorio
Como novidade para o curso escolar 2016/2017, por decisión da Xunta Directiva, os servizos de extraescolares, comedor e mañanceiros comparten seguro de accidentes que as familias aboarán, nun pagamento único de 5 € por cada filla ou fillo que participe nalgunha actividade que organice a asociación. A unificación e obrigatoriedade do seguro elimina duplicidades (o ano pasado as usuarias e usuarias de mañanceiros pagaban 10€ polo seguro; en comedor pagarían 4€; as extraescolares ou saídas que organiza a ANPA non estaban cubertas, as festas e eventos fóra do horario escolar tampouco, etc.)
Por todo o dito, consideramos que estaba xustificada, e mesmo indicada, a contratación dun seguro único, común e obrigatorio que garante ademáis uns niveis mínimos de cobertura e asistencia para as nenas e nenos que participan nas nosas actividades.
INSTALACIÓNS E NORMATIVA
Desde xaneiro de 2016 o servizo de mañanceiros e comedor comparten unha nova aula emprazada na parte baixa do Edificio do CPI Castro Baxoi (onde están as aulas de infantil).
A actividade do comedor está regulada segundo a seguinte Normativa:
1. O comedor escolar formúlase como un servizo de conciliación para as familias que, por motivos de traballo ou urxentes, non teñen máis remedio que deixar aos fillos a comer no colexio. Enténdese polo tanto que non será un servizo de consumo, senón un apoio imprescindible para determinadas familias.
2. Desde o curso 2013‐2014 a ANPA organiza o servizo de comedor. A ANPA xestiona o comedor de forma autónoma, pero tendo en conta que é un servizo complementario integrado no Centro e, polo tanto, subordinado aos intereses da comunidade educativa. Todas as cuestións relativas ao servizo de Comedor Escolar que se consideren de importancia serán sometidas á consideración do Consello Escolar, tanto a propia iniciativa como a proposta da Asociación de Nais e Pais de Alumnos.
3. A ANPA conta cunha sala do centro escolar debidamente hixienizada, iluminada e ventilada, dotada de instalación de auga, electricidade e mobiliario axeitado a tal fin. As dependencias, instalacións, utensilios e outro material recibiranse pola ANPA, se fose o caso baixo inventario, responsabilizándose a Asociación do respecto, conservación e bo trato dos mesmos ata a súa entrega unha vez finalizado o curso escolar.
4. Só os alumnos matriculados no Colexio poderán adquirir a condición de usuarios do comedor, responsabilízase a ANPA da tutela, orde e disciplina dos alumnos usuarios deste servizo. Os escolares que utilicen o servizo de comedor deberán cumprir a normativa de réxime interno que opera no Centro, sendo esta a norma de referencia que utilizará a ANPA.
Será motivo de baixa definitiva do servizo o incumprimento normativo do regulamento do centro ou o incumprimento dos deberes dos usuarios coa correspondente indicación do consello escolar.
Os rapaces/as que acudan ao servizo deberán ter a debida autonomía. Nos casos de problemas sanitarios como alerxias, medicación, etc, os pais quedan obrigados a comunicalo á ANPA ou á empresa contratada co informe médico correspondente.
5. O servizo prestarase entre as 14:00 e as 16:00 horas e incluirá a distribución de alimentos preparados nunha cociña central fora do centro, a recollida dos utensilios, a limpeza das dependencias, instalacións e material, e a supervisión dos usuarios incluíndo a organización de actividades educativas.
A planificación das actividades deberá incluír a promoción de hábitos hixiénicos e alimentarios saudables e a convivencia e o respecto entre os alumnos. Para este tipo de actividades poderase utilizar despois de xantar o patio exterior ou o ximnasio do centro, sempre que non interfira coa actividade educativa do centro escolar.
Deberase garantir pola ANPA o orden e a limpeza adecuada da sala, exteriores, ximnasio, etc, e do equipamento necesario ou circundante á zona de comedor.
6. Os menús servidos no comedor respectarán en todo caso os principios dunha nutrición equilibrada e variada, evitando especialmente o abuso de frituras e graxas saturadas, poñendo especial interese na promoción do consumo de vexetais. Así mesmo, respectaranse as crenzas de tipo relixioso á hora da asignación de menús aos escolares.
7. A ANPA, ou quen a Asociación determine, terá conta da debida seguridade nos accesos ao recinto, seguindo as indicacións do equipo directivo.
8. Nos procedementos de alta, baixa, modificación, pagos, etc, establécese como válido o publicado en cada momento a ese respecto na web da ANPA.
9. A ANPA queda autorizada a contratar o servizo, nas condicións anteriormente
mencionadas a unha empresa especializada que cumpra coa lexislación vixente e dispoña dun seguro de responsabilidade civil que cubra, entre outros, os posibles riscos persoais e laborais (intoxicacións, accidentes, etc.) que puidesen ocorrer na prestación do servizo.
A empresa JARDANAY S.L. é a encargada inicialmente do servizo e indicará á ANPA as medidas oportunas en orde a garantir as cuestións sanitarias, nutricionais e laborais.
10. Dereitos e obrigas dos usuarios:
Son dereitos dos usuarios/as do comedor escolar e de quen teña a súa patria potestade os seguintes:
a. O acceso ao servizo e á información sen discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, incluídas as discapacidades físicas, psíquicas e sensoriais.
b. Á consideración debida á dignidade da persoa, tanto por parte dos monitores/as e persoal do servizo, como dos demais usuarios/as.
c. Ao secreto profesional sobre os datos da súa historia persoal, sanitaria,socioeconómica e familiar.
d. Á intimidade persoal, tendo en conta as condicións de funcionamento do servizo.
e. Á asistencia individualizada de acordo coas súas necesidades individuais.
f. Á baixa no servizo por vontade propia.
g. Á ser informados de maneira comprensible das medidas adoptadas respecto deles e de canto afecte á súa propia educación.
h. A ser educados na tolerancia, na convivencia democrática e en valores de igualdade.
i. A ser educados en hábitos alimenticios sans e nas normas básicas de hixiene e comportamento na mesa.
Son deberes dos usuarios/as do comedor escolar e das persoas que ostentan a patria potestade:
a. Cumprir as normas recollidas no presente documento e a normativa de réxime interior do centro escolar.
b. Comunicarlles por escrito aos representantes da ANPA ou á empresa contratada as variacións relativas a novas situacións consideradas respecto aos nenos/as.
c. Manter unha conduta inspirada na tolerancia, na colaboración e no respecto mutuo aos usuarios/as e aos monitores/as.
TELÉFONO PARA URXENCIAS
Para avisar de incidencias graves ou relativas á recollida ou entrega dos rapaces no servizo de comedor. Poden chamar ao móbil número 661 709 913, que estará activo entre as 14:00 e as 16:00 h.
Antes de chamar valore a urxencia ou necesidade da chamada, para evitar retrasar o traballo das monitoras.