ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES

NOVA UBICACIÓN DO COMEDOR 

Domingo, 13 de decembro de 2015

A partir do martes 15 de Decembro, o servizo de Comedor e Mañanceiros deixará de realizarse na Aula de usos múltiples, como se viña facendo ata agora, e terá lugar xusto debaixo desta, nun novo espazo dedicado exclusivamente a este fin. Os pais e nais que deixen ós seus fillos e fillas en Mañanceiros, deberán  baixar polas escaleiras que hai a continuación da secretaría, e unha vez abaixo, á man dereita, localizarase o novo comedor. De todas formas adoptaranse as seguintes medidas a fin de facilitar a nova localización onde:

.- Colocaranse sinais na zona de acceso ó centro, para unha mellor orientación do novo espazo.

.- Os usuarios de Mañanceiros serán chamados e informados  persoalmente por teléfono.

En calquera caso sinalar que as entregas do servizo de Comedor continuarán facéndose no procedemento de sempre. 

Se alguén ten algunha dúbida ó respecto, poderase poñer en contacto coa ANPA.

A Xunta Directiva da Anpa.


CONVOCATORIA ASEMBLEA xeral ORDINARIA 

Martes, 6 de outubro de 2015

Convócase aos socios/as e ás nais e pais de alumnos do CPI Castro Baxoi á asemblea xeral ordinaria, que se celebrará o venres, 23 de outubro, na sala de usos múltiples do colexio, ás 20:00 na primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
1.-Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
2.-Memoria de xestión:
      1.- Informe de xestión da xunta directiva: Memoria anual do curso 2014-2015. 
      2.- Estado de contas do exercicio anterior.
      3.-Subvencións e convenios de colaboración da Anpa coas administracións públicas.
3.- Programa mañanceiros e comedor escolar. Informe da xunta directiva.
4.-Banco de libros: Informe da xunta directiva.
5.-Actividades extraescolares: Informe da xunta directiva e aprobación da contía das achegas propostas para o curso 2015-2016.
6.-Participación da Anpa no Consello Escolar. 
7.- Renovacións, ceses e nomeamento dos cargos da xunta directiva.
8.- Rolda de intervencións, rogos, suxestións e preguntas.

Miño, 6 de outubro de 2015.
A Secretaria, Gema García Lores

BANCO DE LIBROS DA ANPA PARA O CURSO 15-16 

Domingo, 7 de xuño de 2015

O Banco de Libros da ANPA Castro Baxoi nútrese da vontade solidaria das familias, que ceden os libros adquiridos cos seus cartos á Asociación para a súa reutilización por outras familias.

Tendo en conta que aínda se descoñecen os materiais que se van a utilizar o próximo curso, queremos informar que o Banco de Libros da ANPA seguirá funcionando sempre que conte con textos que se poidan ofrecer ás familias.
Haberá, eso si, que modificar o Regulamento actual, en función das condicións en que poida seguir adiante esta iniciativa solidaria das nais e pais, polo que en breve  seredes convocados en Asamblea Extraordinaria para tal fin.

Todo isto non quita que desde a ANPA Castro Baxoi solicitemos a volta ao sistema de préstamo universal e gratuito dos libros de texto en todas as etapas do ensino obrigatorio.


AXUDAS E SUBVENCIÓNS: INFORMACIÓN  ÁS FAMILIAS 

Xuño de 2015

A Anpa do Castro Baxoi informa que resultou beneficiaria dunha axuda de 505,66 euros para poder facer fronte ao pago, xunto coas achegas das familias, das actividades extraescolares de Judo e Xadrez no primeiro semestre do 2015. Esta axuda foi solicitada e concedida ao abeiro da Resolución do 22 de decembro de 2014 (DOG núm. 7 do 13.01.2015) da Secretaria Xeral de Igualdade, pertencente á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. As axudas teñen como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE).

Fonte: DOG Núm. 107, de martes 9 de xuño de 2015.

 

.


REUNIÓN INFORMATIVA REVÁLIDA 3º EP 

Luns, 18 de maio de 2015

A Anpa do Castro Baxoi informa que mañá martes, 19 de maio, ás 18:00 h., terá lugar unha reunión informativa para as familias en relación á proba de avaliación de 3º de educación primaria prevista para este mes de maio.

Acudirán á reunión Helena Gómez Vecino, (Presidenta de CONFAPA GALICIA e vocal da Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da Coruña), ademais de varios membros da xunta directiva da Anpa de Miño.

Así mesmo, adiantamos un exemplo de xustificación de ausencia para as familias que decidan que os seus fillos ou fillas non acudan á proba prevista pola Consellería.

A Xunta Directiva da Anpa.

PROBA DE AVALIACIÓN, 3º DE PRIMARIA 

Domingo, 10 de maio de 2015

Nos próximos días terá lugar por primeira vez a reválida de 3º EP, pola aplicación da lei Wert en Galicia. En relación a esta proba, a Xunta Directiva da Federación Provincial de Anpas (e a Xunta Directiva da Anpa do Castro Baxoi que ten a mesma opinión neste asunto) descoñecen os fins e as consecuencias da mesma, -que a Consellería non acaba de aclarar- polo que poñemos a disposición das familias o modelo de solicitude para que a dirección educativa que teña competencia para contestar o faga ás familias antes da realización da mesma. 

A Anpa preguntou sobre o asunto no último Consello Escolar e se respostou que nese momento se descoñecían as consecuencias da proba no futuro. En calquera caso, a Dirección do centro afirma que, segundo a información de que dispón a dia de hoxe, serán as avaliacións ordinarias - e non ésta- as que determinen a evolución dos alumnos nos cursos.

En canto á asistencia á proba, nos confirma á dirección do colexio que no caso de ter decidio non asistir, será necesario xustificar a ausencia como calquera día lectivo que se falta ás clases.

A Xunta Directiva da Anpa.

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2014 

Xoves, 4 de decembro de 2014

Finalizadas as eleccións á renovación parcial do consello escolar do Castro Baxoi, publicamos a composición definitiva do mesmo para os vindeiros dous anos.

Debemos salientar a elección de Susana Souto como nai elixida nestas eleccións, nas que quedóu como suplente Francisco Bustabad.

Como representante da Anpa no cosello, mantense Conchi González. 

Anpa Castro Baxoi Informa.



CONVOCADA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 

Domingo, 28 de setembro de 2014

Convócase aos socios/as e ás nais e pais de alumnos do CPI Castro Baxoi á asemblea xeral ordinaria, que se celebrará o martes, 14 de outubro, na sala de usos múltiples do colexio, ás 20:30 na primeira convocatoria e ás 21:00 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

1.-Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.

2.-Memoria de xestión:

             1.- Informe de xestión da xunta directiva: Memoria anual do curso 2013-2014.

             2.- Estado de contas do exercicio anterior.

             3.-Subvencións e convenios de colaboración da Anpa coas administracións públicas.

3.- Aprobación da modificación da cota anual de socio proposta pola Xunta Directiva a partir do curso 2014-2015, se procede.

4.- Programa mañanceiros e comedor escolar. Informe da xunta directiva.

5.-Banco de libros: Informe da xunta directiva.

6.-Actividades extraescolares: Informe da xunta directiva e aprobación da contía das achegas propostas para o curso 2014-2015.

7.-Participación da Anpa no Consello Escolar.

8.- Renovacións, ceses e nomeamento dos cargos da xunta directiva.

9.- Rolda de intervencións, rogos, suxestións e preguntas.

A Secretaria, Gema García Lores

ANPA CASTRO BAXOI INFORMA

APERTURA BANCO DE LIBROS 2014-2015 

Mércores, 18 de xuño de 2014

Desde a ANPA Castro Baxoi queremos recordarvos a existencia do Banco de Libros que funcionará con normalidade, e segundo o Regulamento existente, para o curso 2014-2015.

O principal cambio na dinámica de recollida e entrega de materiais consistirá en que tanto a devolución dos préstamos como a cesión de libros polas familias este curso farase en man, desde o 23 ata o 27 de Xuño, nas instalacións do CPI, en horario de 9 a 14 horas.

Nese momento poñeremos á vosa disposición a documentación que teñades que cubrir, incluído o formulario de actualización de datos para familias asociadas.

A entrega de textos para o vindeiro curso producirase entre os días 3 e 8 de Xullo (como norma xeral), mais en horario de 10 a 13 horas, tamén no propio CPI.

Para calquera dúbida quedamos á vosa disposición no teléfono da Anpa ou no correo bancodelibroscastrobaxoi@gmail.com

APOIO ECONÓMICO DA ANPA ÁS COMPLEMENTARIAS 

Domingo, 25 de maio de 2014

A Xunta Directiva da Anpa acordou o apoio económico ás actividades complementarias (excursións) e extraescolares que organiza o CPI nunha contía equivalente a 600.00 € para este curso académico.

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

BONIFICACIÓN DO 50% DAS EXTRAESCOLARES 3º TRIMESTRE 

Xoves, 8 de maio de 2014

Comunícase aos socios que a contía das achegas polas actividades extraescolares realizadas no 3º trimestre do curso escolar terá unha reducción do 50% para as familias asociadas. Os cargos pasaranse ao banco a partir do 15 de maio.

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

BONIFICACIÓN DO 50% DAS EXTRAESCOLARES 2º TRIMESTRE 

Xoves, 6 de febreiro de 2014

Comunícase aos socios que a contía das achegas polas actividades extraescolares realizadas no 2º trimestre do curso escolar terá unha reducción do 50% para as familias asociadas. Os cargos pasaranse ao banco o 15 de febreiro.

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

XOVES 24 DE OUTUBRO: FOLGA XERAL NO ENSINO 

Xoves, 17 de outubro de 2013

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, nais e pais (CONFAPA-GALICIA), sindicatos e organizacións de estudantes convocan para o vindeiro xoves, 24 de outubro, folga xeral no ensino e chaman á participación nos actos de protesta organizados para varias cidades na defensa do ensino público e rexeitando as reformas educativas dos gobernos central e autonómico. Ver manifesto

ANPA CASTRO BAXOI ratificou na súa asemblea do pasado 3 de outubro o seu apoio a esta convocatoria de folga, e recomenda ás nais e pais non enviar aos escolares ao colexio o xoves, 24 de outubro, animando ás familias do Castro Baxoi a participar nos actos reivindicativos dese mesmo día na Coruña ou en Ferrol.

ANPA CASTRO BAXOI INFORMA

APROBADA MEMORIA ANUAL CURSO 2012-2013 

Domingo, 6 de outubro de 2013 

Na Asemblea Xeral Ordinaria do pasado xoves día 3 foi aprobada por unanimidade a memoria anual da ANPA do pasado curso. Pódese ver aquí

ANPA CASTRO BAXOI INFORMA

éxito do banco de libros e agradecemento á comisión 

Domingo, 22 de setembro de 2013

A Xunta Directiva, no nome de todos os membros da asociación, agradece o esforzo aos socios e socias da comisión e da xunta directiva que traballaron en maio, xuño, xullo e setembro na organización do banco de libros da Anpa do Castro Baxoi. Un traballo no que unhas dez persoas invertiron máis de 300 horas, e que foi coordinado por Fátima Babío. Foi, seguramente, un dos proxectos solidarios de maior importancia na contorna nos últimos anos. 

109 alumnos recibiron libros (un 37 % de todos os matriculados), cun promedio de catro exemplares por alumno. Entregáronse 424 libros cun aforro estimado de 10.600.00 € para as familias.

Mención especial para os alumnos que cursan 6º de primaria; qie recibiron unha media de 7 exemplares por alumno e participaron máis da metade deles.


comunicado da plataforma galega en defensa do ensino público 

Domingo, 22 de setembro de 2013

Damos conta do comunicado a Plataforma, da que forma parte CONFAPA-GALICIA, da situación e pretensións do goberno coa educación en Galicia no inicio do curso escolar. Ver aquí.

ANPA CASTRO BAXOI INFORMA

convocada asemblea xeral ordinaria 

Venres, 6 de setembro de 2013

Convócase aos socios/as e ás nais e pais de alumnos do CPI Castro Baxoi á asemblea xeral ordinaria, que se celebrará o xoves, 3 de outubro, na sala de usos múltiples do colexio, ás 20:30 na primeira convocatoria e ás 21:00 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
1.-Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
2.-Memoria de xestión:
     1.- Informe de Xestión da xunta directiva: Memoria Anual curso 2012-2013. Aprobación se procede.
     2.- Estado de contas do exercicio anterior. Aprobación se procede.
     3.-Subvencións e convenios de colaboración da Anpa con administracións públicas.
     4.- Cesións e aportacións da Anpa ao CPI Castro Baxoi.
3.- Orzamento para o vindeiro curso 2013-2014. Aprobación se procede.
4.- Aprobación do procedemento administrativo para o mantemento dos socios/as en cursos sucesivos, se procede.
5.- Programa mañanceiros e comedor escolar. Informe da xunta directiva.
6.-Banco de libros: Resultados e previsión para o vindeiro curso. Ratificación, se procede, do regulamento do banco de libros.
7.-Actividades extraescolares: Informe sobre a comisión de extraescolares e actividades definitivas para o vindeiro curso.
8.- Informe de participación da Anpa no Consello Escolar.
9.- Aportacións da Anpa e dos pais e nais ao proxecto educativo de centro (PEC) do Castro Baxoi.
10.- Novos proxectos e actividades para o vindeiro curso.
11.- Renovacións, ceses e nomeamento dos cargos da xunta directiva.
1
2.- Rolda de intervencións, rogos, suxestións e preguntas.
A Secretaria, Gema García Lores

ANPA CASTRO BAXOI INFORMA

INSCRICIÓN SOCIOS CURSO 13-14 

Xoves, 29 de agosto de 2013

Novos socios: Toda a información aquí.

Renovación familias xa asociadas: Para o curso 2013-2014 manteránse como socios os que asinaron o formulario de inscrición do ano anterior e non indicaron a baixa neste formulario, agás as familias con fillos ou fillas que finalizaron estudos no Castro Baxoi, que non necesitarán tramitar a baixa.

Entre o 1 e o 30 de setembro os socios, se fose o caso, poderán actualizar os seus datos mediante o formulario, -chegaralles a través dos fillos- pasándoselles ao cargo a cota domiciliada a mediados do mes de outubro. É moi importante a actualización da dirección de correo electrónico.

ANPA CASTRO BAXOI INFORMA

BONIFICACIÓN DO 50% DAS EXTRAESCOLARES 3º TRIMESTRE 

Domingo, 12 de maio de 2013

Comunícase aos socios que o prezo das actividades realizadas no 3º trimestre do curso escolar será un 50 % do prezo habitual para as familias asociadas. Lémbrase que corresponde aos meses completos de abril e maio, e medio mes de xuño. (As actividades rematan o 14 de xuño) 

Os cargos pasaranse ao banco a partir do 15 de maio.

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

ANPA COA FOLGA DO DÍA 9 DE MAIO 

Martes, 30 de abril de 2013

Na pasada asemblea extraordinaria da ANPA MIÑO CASTRO BAXOI foi aprobado o seguinte comunicado:


 "En relación ao comunicado da "Plataforma en defensa do ensino público" sobre os ataques do goberno ao ensino e a política de recortes, en contra do anteproxecto de Lei orgánica de mellora da calidade da educación (LOMCE) e do novo decreto de comedores escolares, a ANPA CASTRO BAXOI manifesta o apoio a todos os seus contidos, recomendando ás nais e pais non enviar aos escolares ao colexio secundando así a folga xeral no ensino do xoves, 9 de maio, convocada polas organizacións de alumnos, nais e pais e sindicatos de profesorado, e tamén animando ás familias do Castro Baxoi a participar nos actos reivindicativos dese mesmo día na Coruña ou en Ferrol". 




ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

CONVOCADA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA 

Sábado, 13 de abril de 2013

Convócase a todos os socios e socias da ANPA, e nais e pais ou titores de alumnos do CPI Castro Baxoi á asemblea xeral extraordinaria que se celebrará o xoves 25 de abril, na aula de usos multiples do C.P.I “Castro-Baxoi”, ás 21:00 horas en primeira convocatoria e ás 21:30 horas en segunda.

ORDE DO DÍA:

Única: Posición dos pais e nais do Castro Baxoi respecto da convocatoria de folga xeral no ensino para o vindeiro 9 de maio.


Rematada a asemblea informarase aos asistentes que o soliciten as novidades sobre o proxecto de creación de un banco de libros no Castro Baxoi.

 

A Secretaria, Gema García Lores


ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

BONIFICACIÓN DO 50% DAS EXTRAESCOLARES 2º TRIMESTRE 

Xoves, 14 de febreiro de 2013

Comunícase aos socios que o prezo das actividades realizadas no 2º trimestre do curso escolar será un 50 % do prezo habitual para as familias asociadas. Os cargos pasaranse ao banco a mediados do mes de febreiro.

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

APOIO ANPA ÁS COMPLEMENTARIAS  

Mércores, 13 de febreiro de 2013

Na última reunión do Consello Escolar aprobouse por unanimidade unha proposta do equipo directivo do centro para a mellora na organización das actividades complementarias e saídas culturais (excursións), que ten como finalidade dispor dunha programación planificada anual das mesmas, ampla, estable en anos sucesivos e axeitada ás necesidades educativas de cada ciclo. Preténdese ademais unha achega económica anual e única dos pais, que sexa a mesma cada un dos anos que dure a escolarización dos alumnos no centro, e que teña unha contía en virtude dos apoios económicos que reciba o CPI, así como dos fondos propios do centro.

             Coñece a ANPA que, derivado das circunstancias socioeconómicas da nosa contorna, certas familias encóntranse nunha situación financeira tal que dificulta aos seus fillos a participación nas actividades programadas, incluídas dentro da vía curricular e docente do centro, sendo previsible un  agravamento da situación para vindeiros cursos. Sabemos ademais, que de non poder asistir todos os alumnos ás excursións, e non tendo carácter obrigatorio, hai un risco importante de non organizarse por parte do centro en anos sucesivos.

             Nos cursos anteriores, as familias asociadas á ANPA viñan recibindo dos orzamentos da asociación unha subvención para a  axudar a sufragar o custo destas actividades. Neste curso ofrécesenos a todos os membros da asociación unha oportunidade solidaria para que, na medida das nosas posibilidades, ningún escolar quede sen excursións, garantindo ademais a continuidade do programa. Para isto, convidamos aos socios e socias a colaborar na liña decidida pola Xunta Directiva neste asunto, desistindo de percibir a subvención da ANPA prevista para este curso, que sería de 5.00 € por alumno. A idea é ceder un mínimo de 500.00 € recadados das subvencións non reclamadas para achegalas ao fondo que xestiona o CPI para a realización das mesmas. Desta forma axudaríamos a consolidar esta mellora na organización das excursións e aseguraríamos a asistencia ás mesmas dos fillos e fillas das familias máis desfavorecidas.

             En defensa da autonomía e da privacidade dos socios/as, as familias que desexen recibir a mencionada subvención deberán indicalo remitindo un email á dirección da ANPA ou chamando por teléfono. De non recibir notificación sobre o tema antes do 1 de marzo, entenderase que se desiste da subvención.

             Aínda que a realización das actividades complementarias require actualmente das achegas dos pais e nais do alumnado, non deixaremos de loitar pola gratuidade total das mesmas. E a pesar de que o ciclo económico non é o máis favorable para requirir das administracións un maior esforzo orzamentario, a ANPA fará o posible para reverter co tempo esta situación de re-pago dos servizos públicos, esixindo que todas as actividades docentes do centro, así como os libros de texto, acaben sendo de balde para as familias.

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

APROBADA MEMORIA E NOVA XUNTA 

Xoves, 1 de novembro de 2012

A asemblea xeral ordinaria da asociación, na reunión do pasado 26 de outubro, vén de aprobar a memoria anual e a renovación da xunta directiva con novas incorporacións.

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

ANPA MIÑO E A FOLGA DE PAIS/NAIS 

Martes, 16 de outubro de 2012

A ANPA do Castro Baxoi, na opinión da súa Xunta Directiva, amosa o seu apoio e respecto ás organizacións convocantes da folga de nais e pais prevista para o vindeiro día 18, pero lamenta o xeito apresurado co que se fixo, ou impedir que a asemblea de socios e socias poida decidir a posición da asociación neste asunto, polo que, sen facer convocatoria de folga, remitimos a que cada familia se informe axeitadamente e decida en conciencia a postura a seguir, sabedores de que motivos habería de sobra para mobilizarse dunha forma ou doutra, coa finalidade de frear o que se pretende facer co ensino público.

Os servizos de conciliación prestados pola ANPA (mañanceiros e comedor escolar) prestaranse con toda normalidade durante esta semana.

Ao respecto do que fará o profesorado en relación á convocatoria de mobilizacións na ESO ou á folga de nais/pais, na conversa que mantivemos hoxe co equipo directivo, interpretamos o seguinte:

-A información -panfletos, trípticos, comunicacións orais- chegoulle aos escolares a través da xunta de delegados de alumnos e das organizacións convocantes. En ningún caso participou ou participará o profesorado, nin se pronunciou nin se pronunciará ao respecto a nivel institucional. Por tanto exclúese calquera tipo de comunicación aos pais respecto da convocatoria de folga polo centro ou polo profesorado.
-Entregouse aos estudantes unha folla de xustificación de ausencia que normativamente deben cubrir os pais en todos os casos en que un alumno non acuda ao colexio, tamén por causa de folga. Ordeouse pola dirección do centro para recordar a obriga de traer ese documento.
-O profesorado ten a obriga legal de non impedir ou dificultar a liberdade individual dos que acudan á folga (liberdade que tutelan os pais e nais como posuidores da patria potestade). Polo tanto durante os días convocados (16, 17 e 18) non se avanzará nos contidos docentes no caso en que falten alumnos nas clases. De facerse, poderíase interpretar como unha medida coercitiva por parte do colexio aos folguistas.
-O profesorado respectará calquera decisión das familias respecto da asistencia ou ausencia, e se atenderán aos rapaces que acudan, organizando as actividades que os profesores entendan adecuadas nesta situación.


Anpa Miño CPI Castro Baxoi informa

convocada asemblea ordinaria 

11 de outubro de 2012

Convócase a todos os socios e socias da ANPA do CPI Castro Baxoi á asemblea xeral ordinaria que se celebrará o venres 26 de outubro, na aula de usos multiples do C.P.I “Castro-Baxoi”, ás 21:00 horas en primeira convocatoria e ás 21:30 horas en segunda.

ORDE DO DÍA:

Lectura e aprobación da acta anterior.

Lectura e aprobación, se procede, do estado de contas.

Lectura e aprobación da memoria anual.

Información sobre os cambios na xestión dos ingresos por achegas dos socios.

Información sobre a marcha dos programas de conciliación familiar. Subvencións.

Información sobre o programa definitivo de actividades extraescolares.

Actuación da ANPA fronte aos recortes.

Elección da xunta directiva e renovación dos cargos, se procede.

Rogos e preguntas.

 

A Secretaria, Susana Souto Gómez

eleccións ao consello escolar 

1 de outubro de 2012

Publicado no DOG o calendario para a realización de eleccións ao consello escolar e renovación dos membros.

Resumo:

Do 26-30 novembro: Eleccións

Do 5-8 de novembro: Constitución da Xunta Electoral.

...link ao DOG...

Anpa Miño CPI Castro Baxoi informa

reunión comedor e mañanceiros 

20 de xuño de 2012

Para todos os interesados no comedor escolar ou mañanceiros do vindeiro curso escolar, convócase unha reunión nas instalacións do CPI o martes, día 26 de xuño, ás 21:00 h. coa presenza dos membros de xunta directiva da Anpa e representantes do Concello.

Anpa Miño CPI Castro Baxoi informa

comedor escolar 2012-2013 

20 de xuño de 2012

A ANPA Miño Castro Baxoi en colaboración coa Federación Provincial de Anpas de Centro Públicos da provincia levará a xestión do comedor escolar no vindeiro curso...

...ver máis... Anpa Miño CPI Castro Baxoi informa

ASAMBLEA ORDINARIA 22 DE XUÑO 

18 de xuño de 2012

Convócase a todos os pais, nais e titores dos alumnos do colexio á asamblea que se celebrará o venres 22 de xuño, na aula de usos multiples do C.P.I “Castro-Baxoi”, ás 21:00 horas en primeira convocatoria e ás 21:30 horas en segunda.

ORDE DO DÍA:

• Lectura e aprobación da acta anterior. • Estado de contas. • Memoria das actividades realizadas no curso escolar 2011/2012. • Información sobre as actividades a realizar no vindeiro curso en materia de conciliación familiar. • Rogos e preguntas.

Anpa Miño CPI Castro Baxoi informa

Remata o prazo para a achega das extraescolares  

7 de xuño de 2012

O vindeiro día 15 de xuño remata o prazo para o pago das actividades extraescolares. As familias que teñan dúbidas da cantidade que teñen pendente poden consultalo ao correo electrónico o vía telefónica.

Anpa Miño CPI Castro Baxoi informa

retrásase a escola de pais a xuño 

7 de maio de 2012

Para facilitar o acceso aos cursos da Escola de Pais da Anpa Miño Castro Baxoi, trasládanse as datas aos venres 1, 8 e 15 de xuño. Mantense o horario, de 21:30 a 22:30 nas instalacións do CPI Castro Baxoi.

Anpa Miño CPI Castro Baxoi informa

extraescolares 3º trimestre 11-12 

12 de abril de 2012

A Xunta Directiva comunica aos socios e socias que as actividades extraescolares manteranse ata o 15 de xuño deste curso, tendo previsto facer a exhibición anual na última semana do calendario lectivo, a poder ser coincidindo coa festa de fin de curso.

As cotas dos meses de abril e maio serán as ordinarias para os asociados (10 € as actividades dun día á semana, 20 € as de dous días á semana e 16 € para os que acoden a informática). A Asociación financia aos socios as actividades realizadas no mes de Xuño, é dicir, non haberá que achegar cotas pola asistencia ás extraescolares entre o 1 e o 15 de Xuño.

Anpa Miño CPI Castro Baxoi informa

aprobada a política de privacidade da asociación 

12 de abril de 2012

Na reunión do mes de abril da Xunta Directiva da ANPA aprobouse a Política de Privacidade da Asociación, así como as comunicacións necesarias para a difusión da mesma aos socios e socias.

Pódese ver o documento completo no link do pé desta páxina Web, ou no taboleiro de anuncios da ANPA nas instalación do CPI.

Anpa Miño CPI Castro Baxoi informa

contra os recortes e en defensa da educación pública 

21 de decembro de 2011

Entendemos que a educación pública debe ser o eixo das prioridades políticas e sociais, e que só ela pode facer efectiva a igualdade de oportunidades, converterse en ferramenta de progreso e ofrecer perspectivas sen exclusión á mocidade.

Debemos aumentar o seu prestixio e axudar ao seu profesorado co apoio e confianza que mereza o seu esforzo e implicación.

Esiximos que se valore publicamente a importancia da educación e de todas as traballadoras e traballadores do ámbito educativo, con feitos e con palabras.

Demandamos un financiamento axeitado, evitando os recortes orzamentarios ou a súa derivación a centros privados ou concertados, pondo a educación pública nas prioridades de investimento das Administracións. Cómpre, e máis en tempo de crise, manter e reforzar os orzamentos, o que non está rifado cunha xestión da máxima eficacia e eficiencia e co mellor aproveitamento dos recursos existentes.

Cremos nunha visión construtiva do sistema educativo público capaz de cuestionar o seu funcionamento, co ánimo de dinamizala e para que siga respondendo en cada momento ás necesidades da sociedade en xeral e ás particulares de cada contorna concreta.

Requirimos, para manter e potenciar a educación pública, que se retire inmediatamente o castigo que está a recibir e, no lugar de diminuír rateos ou evitar substitucións -en definitiva reducir persoal-, se busquen fórmulas para aumentar o investimento na mellor herdanza que podemos ofertar aos nosos fillos e fillas.

Salientamos a decisión do equipo docente do Centro por manter as actividades complementarias e extraescolares, poñendo de manifesto a súa preocupación por unha formación integral do alumnado, obxectivo principal da ANPA que comparte coa comunidade educativa.

     -A ANPA DO CASTRO-BAXOI POR UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA DE CALIDADE-