ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES

EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2016-2017 

Martes, 11 de outubro de 2016

Na semana do 10.10.2016 ao 16.10.2016 están funcionando as seguintes actividades extraescolares (todas comezaron na semana do 03.10.2016 agás Artes Plásticas que se incorpora):

  • .- Xadrez (luns de 16 a 18 h.)
  • .- Nenoos Mini 1-2 (martes de 16 a 17h.)
  • .- Música e Movemento (grupo I - martes de 16 a 17h.; grupo II - martes de 17 a 18 h.)
  • .- Nenoos Junior 3-5 (luns e mércores 17-18h)
  • .- Atletismo (mércores de 18 a 19 h.)
  • .- Judo (martes e xoves de 16 a 17 h.)
  • .- Zumba (martes de 17 a 18 h.)
  • .- Combo Musical (martes de 16 a 17.30 h)
  • .- Niñ@s felices (grupo 1 de 16.00 a 17.00 h.)
  • .- Artes plásticas (grupo xoves de 16.00 a 18.00)

Os grupos para as actividades de Judo, Música e Movemento, Niñ@s Felices e Zumba quedan pechados con data de 11.10.2106. As inscricións que se reciban para as ditas actividades pasarán á listaxe de agarda.

Debido ao baixo número de inscricións rexistradas as actividades de:  Robótica e Escalada non poden comezar polo momento. Seguimos a aceptar inscricións para intentar acadar un grupo mínimo de interesados.

En canto á actividade de Baloncesto, anunciamos que, debido ao baixo número de alumnas e alumnos inscritos na actividade de Baloncesto e á necesidade de optimizar o emprego das instalacións deportivas que tiñamos solicitadas, temos que desistir de levar adiante a dita actividade ao longo do curso 2016/2017.  

Para participar as familias deben cubrir o formulario de inscrición. Recolleranse os formularios na secretaría do centro que rexistrará a entrega. Tamén poderá enviarse en arquivo electrónico unha vez escaneado ao enderezo "inscricions@anpacastrobaxoi.gal". 


Actividades 2016/2017 para as que de formou grupo e horarios (todas comezaron a semana do 03.10.2016
agás Artes Plásticas que comezou na semana do 10.03.2016)


De seguido amosamos a proposta completa orixinal de actividades extraescolares para o curso 2016-2017. 

Cuestións xerais e forma de pagamento

As actividades extraescolares comezaron na semana do 3 de outubro (agás Artes que o fixo na semana do 10 de outubro) e rematarán o 16 de xuño.

O material a empregar nas actividades correrá a cargo das familias. Advírtese que pode haber actividades con cargos suplementarios por inscricións ou seguros federativos (deportes). Estas actividades complétanse coas ofertadas polo Concello, que ten a cortesía de publicalas xunto coas da Anpa. 

Para que unha actividade se realice, en xeral, precisarase un mínimo de 10 nenos/as. Antes do 1 de outubro, confirmarase na Web da ANPA as actividades que se van realizar e os grupos e horarios definitivos. Unha vez iniciadas as actividades, a inasistencia reiterada do alumnado nas actividades con límite de prazas pode causar a baixa para dar paso ao seguinte na lista de reserva. 

O pagamento das achegas pola realización de extraescolares é unicamente a domiciliación bancaria. Non se ratearán as cotas trimestrais por baixa anticipada ou non asistencia. As achegas manterase fixas durante todos os meses que duren as actividades (agás xuño que será a metade) e o cargo das achegas se fai trimestralmente. Permítense as inscricións ao longo do ano, aboando sempre un trimestre completo. O custo das devolucións de recibos será por conta das familias inscritas. Os recibos pasaranse nas seguintes datas para o primeiro, segundo e terceiro trimestre: a partir do 15 de novembro de 2016, 15 de febreiro de 2017 e 15 de maio de 2017.

COLABORAN

  


Seguro obrigatorio

Como novidade para o curso escolar 2016/2017, por decisión da Xunta Directiva, os servizos de extraescolares, comedor e mañanceiros comparten seguro de accidentes que as familias aboarán, nun pagamento único de 5 € por cada filla ou fillo que participe nalgunha actividade que organice a asociación. A unificación e obrigatoriedade do seguro elimina duplicidades (o ano pasado as usuarias e usuarias de mañanceiros pagaban 10€ polo seguro;  en comedor pagarían 4€; as extraescolares ou saídas que organiza a ANPA non estaban cubertas, as festas e eventos fóra do horario escolar tampouco, etc.) 

Por todo o dito, consideramos que estaba xustificada, e mesmo indicada, a contratación dun seguro único, común e obrigatorio que garante ademáis uns niveis mínimos de cobertura e asistencia para as nenas e nenos que participan nas nosas actividades.           


Por que facer extraescolares?

-Porque fomentan unha forma de relacionarse na que o respecto e a convivencia son a parte fundamental.

-Porque teñen obxectivos non só deportivos, senón sociais e profesionais.

-Porque xeran e impulsan modos de vida saudables.

-Porque o ocio actual para os máis novos non ten porqué basearse unicamente no mundo dixital.

-Porque favorecen a creatividade, a espontaneidade e a iniciativa persoal.

-Porque desenvolven o traballo en equipo e a colaboración mutua.

-Porque difunden e conservan o patrimonio cultural e artístico.

-Porque son un importante apoio na conciliación da vida familiar.