ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES

FINALIDADE:

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Centro Público Integrado Castro-Baxoi de Miño, A Coruña, (Anpa Miño Castro Baxoi), é unha organización que carecendo de ánimo de lucro, ten como finalidade principal velar pola formación integral dos alumnos e alumnas (art. 3 dos estatutos da asociación).   

O CENTRO EDUCATIVO Ademais, Anpa Miño Castro Baxoi poderá desenvolver as seguintes actividades:  

-Asistir as nais e pais nas tarefas relativas a educación e formación dos seus fillos e fillas.

-Colaborar coas actividades educativas, escolares, extraescolares do colexio, para o bo funcionamento do Centro.

-Promover a participación dos pais e nais no Centro, así como asistilos no seu dereito de intervir no control e xestión do mesmo.

-Facilitar a representación das nais e pais e do alumnado no Consello Escolar do Centro.

-Promover a plena gratuidade no ámbito do Centro, así como a efectiva igualdade de dereitos de todos os alumnos e alumnas.

-Requirir dos poderes públicos o cumprimento da normativa e plans de actuación previstos e relativos á educación das rapazas e rapaces.

-Promover actividades formativas, culturais, etc, en beneficio dos membros da comunidade educativa, e favorecer a boa relación entre eles.

-Informar a nais e pais das actividades da propia ANPA e fomentar a súa participación.

-Calquera actividade para contribuír a unha mellora na formación tanto académica como persoal dos alumnos e alumnas.

PRINCIPIOS REITORES:

Anpa Miño Castro Baxoi é un órgano de vital importancia dentro da comunidade educativa, sendo relevante na medida que teña capacidade para mellorar os aspectos da vida escolar dos nosos fillos e fillas e as súas necesidades.

A responsabilidade na educación dos rapaces e rapazas recae na familia. O colexio complementa esta educación, polo que é imprescindible que se estableza unha permanente comunicación entre as partes. A ANPA participa como vínculo de interacción entre elas, polo que cómpre fornecer a comunicación coa Dirección do Centro, o profesorado e o conxunto de nais e pais, así como coas administracións públicas que participan no ámbito escolar ou educativo. 

Como principios fundamentais que gobernan o funcionamento da Anpa Miño Castro Baxoi salientamos:

-A non discriminación por razón de sexo, raza, situación socioeconómica, ideolóxica ou confesional.

-A igualdade de trato e de oportunidades a todos os alumnos e alumnas, pais e nais ou profesores e profesoras.

-A participación e a información veraz e transparente como camiño e exemplo a seguir polas nosas fillas e fillos.

-A orientación permanente para mellorar o benestar do entorno educativo.

QUE FAI A ANPA: