ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES

Na organización e promoción de actividades no centro escolar:

·Banco de libros: 436 libros, 121 alumnos, 43% do alumnado, 3.6 libros por alumno.

·Actividades extraescolares: 4 actividades. 47 nenos/as, 41 familias.

       - Coordinación co Concello o profesorado na organización das mesmas. Oferta e difusión conxunta e a tempo.

          - Realización, seguimento e xestión das actividades: Iudo, Baloncesto, zumba e artes plásticas..

          - Promoción de novas actividades cos alumnos, profesorado e cos monitores: Teatro e xadrez e “Nenoos”.

          - Organización en colaboración co Concello de Miño da xornada de exhibición das actividades extraescolares.

·Programa Mañanceiros: Organización e seguimento do servizo. 17 usuarios.

·Xestión do comedor escolar e seguimento das becas de comedor a cargo do Concello de Miño. 46 usuarios.

·Promoción e realización, en colaboración co profesorado da xornada de convivencia e fin de curso.

-Participación activa na celebración do Antroido nas instalacións.

-Participación activa na Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da Coruña como vocal da Xunta Directiva e membro da comisión de comedores na persoa de Fátima Babío.

 Na promoción da participación dos pais e nais no centro:

-Número de familias asociadas ao remate do curso. 164

-Número de socios ao remate do curso: 291.

·Asistencias e participación activa no consello escolar. Seis reunións.

·Captación de novos socios e colaboradores: Reunión cas nais e pais de nova incorporación ao centro no mes de maio de 2014.

-Reunión permanente co equipo directivo do Centro.

-Xestión de incidencias coas xefaturas de estudos e co director en apoio dos pais/nais.

 No mantemento da seguridade nas instalacións:

-Seguimento dos protocolos de seguridade e control de acesos nas extraescolares e conciliación.

-Mantemento dun teléfono da ANPA para as actividades de comedor e mañanceiros.

 Na revisión do cumprimento da normativa relativa á educación dos alumnos/as no centro e o seu desenvolvemento:

·Revisión do PEC e proposta de modificación aprobada polo Consello Escolar.

 Na mellora da formación académica ou persoal dos membros da comunidade escolar:

-O mantemento e actualización da Web da Anpa e da páxina de Facebook como recurso formativo e informativo permanente. FB 100 "Me gusta"; Web: 222 visitantes mensuais, 356 visitas mensuais.

 No financiamento da asociación:

-Firma do convenio de colaboración co Concello de Miño para o financiamento das actividades da Anpa.

-Xestión das subvencións coa Deputación Provincial e coa Xunta de Galicia.

·Contacto con 46 patrocinadores que axudaron económica ou materialmente á realización da xornada de fin de curso (750.00 €, bocatas...).

  No apoio económico á comunidade escolar e aos socios:

-Descontos do 50% aos socios nas actividades extraescolares no segundo e no          terceiro trimestre.

 -Apoio económico á realización das complementarias a través dunha doazón aos fondos do CPI. (450.00 €)

-Revisión do procedemento de concesión de axudas do Concello de Miño ás familias que utilizan o servizo de comedor, e novas recomendacións aos técnicos para evitar incidencias.

  Na defensa da escola pública, laica e gratuíta:

·Posicionamento coa CEAPA, CONFAPA GALICIA e FEDERACIÓN PROVINCIAL fronte aos recortes no ensino público e rexeitando a LOMCE.

MEMORIA CURSO 2012-2013

Na organización e promoción de actividades no centro escolar:

·Exito do banco de libros. 424 libros, 109 alumnos, 37 % do alumnado, 3.9 libros por alumno, 300 horas de dedicación, 10 participantes na organización.

·Actividades extraescolares:

          - Posta en marcha da comisión de extraescolares para a coordinación co Concello, o profesorado e os representantes dos alumnos na organización das mesmas. Oferta e difusión conxunta e a tempo.

          - Realización, seguimento e xestión das actividades: Iudo, Baloncesto, batuka e ximnasia rítmica. 72 participacións ao remate do curso. 69 alumnos ao remate do curso.

          - Contactos para promover novas actividades cos alumnos, profesorado e cos monitores: Ritmo e percusión, teatro, xadrez, zumba e artes plásticas.

·Realización de encontros formativos e charlas: 23 de marzo, Videoforum "A Educación prohibida" coa presenza do director e do xefe de estudos de primaria.

·Programa Mañanceiros: Posta en marcha do servizo. 13 usuarios.

·Xestión do comedor escolar e seguimento das becas de comedor a cargo do Concello de Miño. 35 usuarios.

·Iniciativa, promoción e realización, en colaboración co profesorado e o Concello, da xornada de convivencia e fin de curso.

-Participación activa na celebración do Antroido nas instalacións.

-Participación activa na Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da Coruña como "ANTENA" na comarca, a través da vocal Fátima Babío.

  Na promoción da participación dos pais e nais no centro:

-Número de familias asociadas ao remate do curso: 100

-Número de socios ao remate do curso: 176

·Presenza do terceiro/a pai/nai da Anpa no Consello Escolar, logo da elección a representantes das nais e pais no Consello Escolar.

·Asistencias e participación activa no consello escolar (seis reunións).

·Captación de novos socios e colaboradores: Reunión cas nais e pais de 3º de infantil e cos da ESO para presentar a asociación e solicitar colaboración.

-Reunión permanente co equipo directivo do Centro.

-Xestión de incidencias coas xefaturas de estudos e co director en apoio dos pais/nais.

-Invitación aos socios e socias á participación na reunión aberta do 20 de Xuño da Xunta Directiva do curso escolar, como peche do curso na Asociación.

 No mantemento da seguridade nas instalacións:

-Posta en marcha por iniciativa da Dirección dos protocolos de seguridade e control de acesos nas extraescolares e conciliación.

-Posta en servizo dun teléfono da ANPA para as actividades de comedor e mañanceiros.

 Na revisión do cumprimento da normativa relativa á educación dos alumnos/as no centro e o seu desenvolvemento:

·Revisión do PEC, do proxecto do equipo directivo e do plan anual.

·Rexistro en infantil, primaria e ESO das novas experiencias ou proxectos novidosos ou de vangarda. Deuse publicidade a esas actuacións.

·Actuación fronte os recortes no Castro Baxoi, solicitando unha revisión das reducións  previstas para o curso 2012-2013 ao xefe da inspección, manténdose o profesor de pedagoxía terapéutica que se ía perder.

 Na mellora da formación académica ou persoal dos membros da comunidade escolar:

·Asistencia de tres membros da xunta directiva a un curso de xestión de Anpas da Federación Provincial.

·Apertura grupo privado de Facebook específico de formación para pais ou nais con experiencias propias e colaboración dun psicólogo no mesmo. Escola do Perro Verde.

-O mantemento e actualización da Web da Anpa e da páxina de Facebook como recurso formativo e informativo permanente. A páxina ten unha media no 2013 de 11 visitas diarias e 27 páxinas abertas cada dia.

 Na avaliación periódica da actividade da asociación:

·Realización ducha enquisa de inicio de actividade no Comedor Escolar. Se fixo relativo ao primeiro trimestre.

 No financiamento da asociación:

-Firma do convenio de colaboración co Concello de Miño para o financiamento das actividades da Anpa.

-Xestión das subvencións coa Deputación Provincial, da Xunta de Galicia e co Concello de Miño.

·Contacto con 5 patrocinadores que axudaron económica ou materialmente á realización da xornada de fin de curso.

  No apoio económico á comunidade escolar e aos socios:

-Descontos do 50% aos socios nas actividades extraescolares no segundo e no  terceiro trimestre.

 -Apoio económico á realización das complementarias a través dunha doazón aos fondos do CPI.

-Adquisición e cesión dun módulo de taquillas para os alumnos da ESO.

-Adquisición e cesión dun ordenador portátil por petición do CPI para completar o seu equipamento.

-Cesión de dous violíns.

-Adquisición e cesión ao CPI dun moble para o uso no Comedor Escolar e o programa Mañanceiros.

-Impulso dunha mellora do prezo do comedor escolar para as familias con dificultades económicas a través das axudas do Concello ás familias que utilizan o servizo. Pediuse revisar as bases.

 Na organización interna da asociación:

·Posta en marcha dunha base de datos electrónica elaborada á medida da asociación coa información relevante dos socios/as e os participantes nos servizos da ANPA. Uso de un sistema de rexistro da información do Banco de libros.

·Posta en marcha dun novo sistema de cargo das cotas mediante domiciliación bancaria.

-Constitución da Comisión do Banco de Libros.

-Negociación co Concello de Miño para a cesión do uso compartido dun local de reunións e posta a disposición dun armario do CPI pechado para uso exclusivo da ANPA no citado local.

  Na defensa da escola pública, laica e gratuíta:

·Posicionamento fronte aos recortes no ensino público, rexeitando o anteproxecto de lei de educación e apoiando a convocatoria de folga de nais e pais realizada pola CEAPA. (Asemblea extraordinaria)


MEMORIA CURSO 2011-2012 

ACTIVIDADE REALIZADA DE SETEMBRO DO 2011 A OUTUBRO DO 2012 

No financiamento da asociación:

·  -Xestión de subvencións coa Deputación Provincial e co Concello de Miño.

·Contacto con 7 patrocinadores que axudaron económica ou materialmente á realización da xornada de fin de curso.

 Na organización interna da asociación:

·Alta da ANPA, tras varios anos de baixa, na Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña.

·Aprobación do regulamento de Comisións da ANPA e formación das mesmas entre os socios/as.

·Cinco reunións formais da xunta directiva.

·Aprobación da política de privacidade e inscrición no rexistro da axencia española de protección de datos.

·Hosting gratuíto internet e acceso ftp, elaboración e mantemento activo da web e da conta de Facebook.

·Posta en marcha dunha base de datos electrónica elaborada á medida da asociación coa información relevante dos socios/as e os participantes nos servizos da ANPA.

·Novo sistema de cargo das cotas mediante domiciliación bancaria.

·Negociación co Concello de Miño para a cesión do uso compartido dun local de reunións e posta a disposición dun armario do CPI pechado para uso exclusivo da ANPA no citado local.

 Na comunicación da asociación e da súa actividade:

·Solicitude aos pais do e-mail para enviar a  información. Mellora na comunicación electrónica cos socios.

·Reunións cos concelleiros de Miño, alcalde, e os técnicos de servizos sociais.

·Difusión aos socios/as e nais e pais dos novos recursos de comunicación electrónica.

·Difusión na prensa das actividades: Escola de pais e nais e programa "mañanceiros".

 Na organización e promoción de actividades no centro escolar, incluídas as de conciliación:

·Posta en marcha do proxecto de alimentación saudable coa entrega de froita durante un período de oito días durante un mes.

·Adquisición e entrega de material didáctico de educación sexual para os alumnos de primaria.

·Sondaxe para o servizo de mañanceiros, valoración e reunión cos interesados. Comunicado aos pais e nais. Posta en marcha do servizo e difusión nos medios de comunicación.

·Inicio da xestión do comedor escolar e negociación dunha mellora do prezo para as familias a través de axudas a cargo do Concello de Miño.

·Iniciativa, promoción e realización, en colaboración co profesorado e o Concello, da xornada de convivencia e fin de curso.

·Organización, seguimento e xestión de extraescolares. Contactos para promover novas actividades: Cálculo mental e xadrez.

 Na promoción da participación dos pais e nais no centro:

·Asistencias ao consello escolar (sete reunións) e á comisión de elección de director.

·Captación de novos socios e colaboradores: Reunión cas nais e pais de 3º de infantil e cos da ESO para presentar a asociación e solicitar colaboración.

 Na revisión do cumprimento da normativa relativa á educación dos alumnos/as no centro:

·Actuación fronte os recortes no Castro Baxoi, solicitando unha revisión das reducións  previstas para o curso 2012-2013 ao xefe da inspección, manténdose o profesor de pedagoxía terapéutica que se ía perder.

·Debate sobre os deberes escolares.

 No apoio económico aos membros da comunidade escolar:

·Apoios económicos aos socios/as:

o   Descontos nas actividades do primeiro e segundo trimestre e gratuítas as actividades dos 15 primeiros días de xuño.

o   Apoio económico para as excursións.

·Contactos coa asociación empresarios Miño para futuras colaboracións. Ata o de agora sen resultados.

·Impulso dunha mellora do prezo do comedor escolar para as familias con dificultades económicas a través das axudas do Concello ás familias que utilizan o servizo. Pendente publicación BOP.

 Na mellora da formación académica ou persoal dos membros da comunidade escolar:

·Formación presencial para nais e pais: Escola de nais/pais: Tres xornadas de 1.5 horas cada unha e difusión nos medios de comunicación.

·Apertura grupo privado de Facebook específico de formación para pais ou nais con experiencias propias e colaboración dun psicólogo no mesmo.

 Na defensa da escola pública, laica e gratuíta:

·Posicionamento fronte aos recortes no ensino público, ao anteproxecto de lei de educación e fronte a convocatoria de folga de nais e pais realizada pola CEAPA.

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI informa