ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES

10 RAZÓNS PARA ASOCIARSE

1. Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e fillas.

2. Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.

3. Porque un movemento de pais e nais agrupados fan que as iniciativas e peticións destes sexan vistos con maior respecto polas Administracións públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.

4. Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do Centro Escolar.

5. Pola importancia de levar aos Consellos Escolares a presenza dos pais e nais organizados nas ANPAs, para defender os intereses de todos e todas, non os individuais.

6. Porque se as nais e pais non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos e fillas ... Por quen o faremos?

7. Porque se os pais e as nais non somos persoas activas e participativas, como explicar aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e responsabilizarse do seu propio futuro?

8. Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.

9. Porque as ANPAs deben traballar pola integración no seu ámbito, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.

10. Porque todas e todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida dos nosos fillos e fillas.

VANTAXES DE ASOCIARSE NA ANPA DO CPI CASTRO-BAXOI:

Asociarse á Anpa MIño Castro Baxoi permite participar con voz e voto no presente e futuro da asociación -e polo tanto do Centro educativo- a través das asembleas, das comisión de traballo ou como membro da xunta directiva. Dá dereito a ser asesorado e asesorada e a recibir todos os servizos que ofreza a asociación. Tamén a  expoñer as peticións ou queixas respecto da mesma ou da súa actividade. 

Ademais, as socias e socios:

-Aplícaselles unha redución moi importante das cotas mensuais pola asistencia dos seus fillos e fillas ás actividades extraescolares.

-Teñen dereito a participar preferentemente nas accións formativas que organice a ANPA para os pais e nais de alumnos e alumnas do colexio e aos descontos correspondentes que se establezan en cada actividade concreta, normalmente máis dun 50 %.

-Pódense matricular de xeito gratuito no comedor escolar e no programa Mañanceiros.

-Poden participar no banco de libros organizado pola Anpa.

-Reciben finanzamento para realizar actividades culturais organizadas pola Anpa.

Ademais das vantaxes persoais, débese considerar que a capacidade de actuación da ANPA, o seu finanzamento e a calidade e cantidade dos proxectos que planifica e realiza dependen directamente do número de asociados. É dicir, as novas inscricións favorecen a todo o colectivo, e polo tanto aos nosos fillos e fillas.

COMO FACERSE SOCIO OU SOCIA da Anpa Miño Castro Baxoi