ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES

OBXECTIVOS DAS ACTIVIDADES E PRIORIDADES ACTUAIS:

Os ámbitos principais de actividade seguen unha continuidade coas liñas de traballo marcadas no 2009 e 2011 polas anteriores xuntas directivas e son as seguintes: 

-Propiciar a mellora na calidade na acción docente, de cara a mellorar as competencias e o rendemento das alumnas e alumnos.

-Facilitar información no relativo o funcionamento do Centro, así como sobre aspectos técnicos dento do ámbito educativo que sexan de interese para as familias.

-Mellorar a comunicación entre ANPA, familias, colexio e outras institucións.

-Fomentar a participación das familias na asociación e nas actividades que propoña tanto a Anpa Miño Castro Baxoi como o colexio.

-Desenvolver no posible tarefas de conciliación da vida familiar, revisar a situación actual e propoñer ás familiar novas melloras.

-Promover propostas ou proxectos que melloren as instalacións do Centro ou as súas infraestruturas para garantir a seguridade e o benestar dos alumnos e alumnas no colexio. Tamén a revisión das existentes e o seu mantemento.

-Planear e dirixir as actividades extraescolares do Centro de maneira que ademais de ter un carácter recreativo estimulen o interese intelectual, humano e artístico, buscando o desenvolvemento persoal do alumnado e a mellora da convivencia na comunidade educativa.

-Fomentar a utilización de novas tecnoloxías como medio de comunicación e participación no ámbito educativo. A utilización e difusión dun espazo Web, así como o uso do e-mail, son prioritarios para poder medrar axeitadamente.

-Participar como membro activo na federación de asociacións de nais e pais de centros públicos da provincia intercambiando experiencias na procura das prioridades anteriores.

En concreto, para o curso 2016-2017 algunhas das liñas de actuación planificadas son:

Na organización e promoción de actividades no centro escolar:

·Impulsar a coordinación na organización das extraescolares a través dunha comisión do Consello Escolar, co Concello, o profesorado e os representantes dos alumnos coa finalidade de coordinar a oferta no ámbito escolar e adecuarse ás expectativas dos alumnos/as e as familias.

·Impulsar a realización de encontros formativos e charlas para salientar a importancia do ensino nos veciños de Miño e nos membros da comunidade educativa.

 

Na promoción da participación dos pais e nais no centro:

·Impulsar a presenza do terceiro/a pai/nai no Consello Escolar, así como a participación activa dos alumnos/as.

·Potenciar as iniciativas xurdidas nas comisións de infantil, primaria e secundaria, e impulsar o laboratorio de ideas da asociación.

Na promoción da plena integración, da igualdade de dereitos e da coeducación no ámbito escolar:

·No ámbito da integración, revisar as actuacións do CPI cos alumnos con necesidades específicas de apoio educativo, incluído especificamente os que teñen dificultades coa linguaxe por chegar de fóra do país.

No mantemento da seguridade nas instalacións:

·Comezar o manual ou documento técnico de mantemento preventivo e normativo das instalacións do centro.

Na revisión do cumprimento da normativa relativa á educación dos alumnos/as no centro:

·Facer a revisión do PEC, do proxecto do equipo directivo, do plan anual e das concrecións curriculares.

·Facer o seguimento no cumprimento dos programas docentes polo profesorado.

·Revisar o nivel académico con que chegan os alumnos da 4º da ESO ao bacharelato.

·Levar un rexistro en infantil, primaria e ESO das incidencias indicadas polas nais/pais respecto do traballo docente do profesorado, incluíndo tamén novas experiencias ou proxectos novidosos ou de vangarda.

Na mellora da formación académica ou persoal dos membros da comunidade escolar:

·Mellorar os coñecementos e a formación dos pais e nais asociados en organización escolar, lexislación educativa e xestión de asociacións.

·Afondar na posibilidade de mellorar as competencias en comunicación en lingua estranxeira (inglés) no colexio. Métodos, recursos, etc.

·Revisar en qué medida pode a ANPA colaborar na horta escolar como ferramenta nas competencias de coñecemento do medio.

Na avaliación periódica da actividade da asociación:

·Facer o seguimento dos servizos de conciliación prestados, desenvolver un sistema de avaliación da satisfacción dos servizos e rematar a dotación co equipamento axeitado.

Anpa Miño CPI Castro Baxoi informa.