ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES

O Consello Escolar dun centro de ensino é o corazón que regula o seu funcionamento e representa a toda a comunidade educativa: ao equipo directivo, ao profesorado, aos pais e nais, ao alumnado, ao persoal administrativo e de servizos e ao Concello. Todos teñen voz e a poden facer escoitar.

Dito doutra forma, o Consello Escolar é un dos protagonistas da vida na escola. É un organismo con enormes posibilidades para as organizacións de nais e pais onde podemos achegar a nosa colaboración na orientación e avaliación da actividade do noso centro.

Forman parte do Consello Escolar:

- O/a Director/a.

- O/a Xefe/a de estudios de educación primaria.

- O/a Xefe/a de estudios de educación secundaria.

- Un/ha concelleiro/a ou representante do Concello de Miño.

- 6 profesores/as elixidos polo Claustro.

- 3 representantes de nais ou pais de alumnos.Una vocalía da xunta directiva da Anpa Miño Castro Baxoi representa a asociación nas reunións do consello escolar.

- 3 representantes dos alumnos e alumnas.

- 1 representante do persoal de administración e servizos.

- O/a secretario/a, que actuará como secretario/a do Consello, con voz e sen voto.

Competencias do consello escolar:

Ver as competencias modificadas pola LOMCE:

Non obstante, a Anpa do Castro Baxoi impulsou un cambio no Plan Educativo do Centro, modificándose na reunión do Consello Escolar o 27/06/2014, establecendo o "Compromiso do CPI coa participación dos pais e nais: Voz e voto dos pais e nais nos órganos de representación".

Reunións:

O consello escolar debe reunirse en sesión ordinaria como mínimo unha vez por trimestre e sempre que o convoque o presidente/a ou un terzo dos seus/súas membros. Necesariamente se reunirá a principio do curso e ao remate deste.

No curso 2011-2012, as sesións celebradas foron nas seguintes datas:

-7/10/2011

-12/12/2011

-30/01/2012

-20/03/2012

-16/04/2012

-4/06/2012

No curso 2012-2013, as sesións celebradas foron nas seguintes datas:

-19/09/2012

-5/11/2012

-10/12/2012 Primeira reunión e constitución despois da renovación segundo as eleccións ao Consello Escolar. A CONSTITUCIÓN PARA OS PRÓXIMOS ANOS, así como as comisións, pódense ver neste link.

-23/01/2013

-9/04/2013

-27/06/2013

No curso 2013-2014, as sesións celebradas foron nas seguintes datas:

-18/09/2013

-6/11/2013

-21/01/2014

-28/03/2014

-29/04/2014

-27/06/2014

No curso 2014-2015, as sesións celebradas foron nas seguintes datas:

-17/09/2014

-5/11/2014

-3/12/2015

-20/01/2015

-17/03/2015

-14/04/2015

-20/05/2015

-11/06/2015

Sen prexuízo da exposición na Web da actividade do Consello Escolar, as socias ou socios que desexen información precisa sobre o tratado nas reunións ou desexen facer suxestións para as próximas, poden solicitalo ou expoñelo no correo electrónico da Anpa Miño Castro Baxoi ou persoalmente á directiva da asociación.

Ver vídeo no YOU TUBE explicativo sobre os consellos escolares.

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2014 

Xoves, 4 de decembro de 2014

Finalizadas as eleccións á renovación parcial do consello escolar do Castro Baxoi, publicamos a composición definitiva do mesmo para os vindeiros dous anos.

Debemos salientar a elección de Susana Souto como nai elixida nestas eleccións, nas que quedóu como suplente Francisco Bustabad.

Como representante da Anpa no cosello, mantense Conchi González. 

Anpa Castro Baxoi Informa.

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA