ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES

Calquera nai ou pai dun alumno ou alumna do CPI Castro-Baxoi pode participar enviando as suxestións que considere ao e-mail da ANPA, usando a caixa de correo situada na porta do centro ou falando persoalmente con calquera membro da xunta directiva.

Mais a participación activa na Anpa Miño Castro Baxoi pasa pola inscrición como socio ou socia numerario para opinar e votar nas asembleas da asociación, e para impulsar proxectos ou actividades como membro de calquera das nove comisións ou da xunta directiva.

Participa como SOCI@:

Na actualidade (CURSO 2015-2016) somos 198 familias e un total de 357 socios e socias. Para facerte socio ou socia podes pulsar neste link. Poderás ler as vantaxes de ser socio ou socia, as razóns para asociarse, e terás acceso ao formulario de inscrición e ao procedemento para inscribirse. 

¡PARTICIPA NAS COMISIÓNS! 

A Anpa Miño Castro Baxoi estase a organizar en grupos de traballo autónomos con contidos específicos encomendados. Estes grupos se denominan COMISIÓNS.

Cada comisión está formada por un grupo de socios e socias, facéndose un deles/as responsable da mesma, que informa á xunta directiva da actividade de cada comisión. Cada unha delas é autónoma e ten capacidade de interlocución con terceiros/as se así o decide. 

Por exemplo, a "Comisión de Educación Primaria" reúnese para tratar temas relativos a atención docente que reciben os alumnos e alumnas de primaria, problemas con algún dos profesores ou profesoras, do alumnado ou das familias se houbese, cumprimento dos programas, excursións organizadas polo centro en primaria, etc.

As comisións actuais son as seguintes: 


A "Comisión Permanente" ten como finalidade responder con axilidade ás situacións que se consideren na asociación, atendendo de xeito inmediato ás incidencias e necesidades da comunidade educativa no que á ANPA lle corresponda.

Se queres formar parte dalgunha comisión da ANPA, solicita no email incluírte na que creas que podes contribuír polos teus coñecementos ou intereses actuais. A participación en comisións facilita a actividade operativa da ANPA para poder intervir con proximidade e axilidade nos problemas ou proxectos tratados por elas. 

Participa na XUNTA DIRECTIVA:

Os socios e socias poden participar na Anpa Miño Castro Baxoi como membros da xunta directiva presentando unha candidatura nas renovacións anuais ou solicitando incluírse nunha lista xa configurada ou alternativa. Desde outubro do 2015 os membros da xunta directiva son:


Os membros de xunta directiva desempeñarán as súas funcións por un tempo de dous anos, renovándose por metades cada ano e podendo ser reelixidos/as sen límite de veces. A próxima renovación de membros da xunta poderase facer en setembro ou outubro do 2016.

Anpa Miño Castro Baxoi informa.