ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES

curso 2016-2017

Luns, 5 de setembro de 2016

Co comezo do curso escolar 2016/2017, comeza a funcionar tamén o servizo de Mañanceiros que organiza a ANPA en colaboración coa empresa Alicerce Eventos S.L. de Miño. A ANPA organiza este programa de conciliación, pensado para as familias que van traballar antes do inicio das clases.

O servizo comeza a traballar o vindeiro día 12.09.2016 e as inscricións para comezar neste mes pódense entregar ata o día 08.09.2016.

NORMATIVA DO USO DO SERVIZO (descargar)

FUNCIONAMENTO XERAL

O horario para acudir cos rapaces/as estará entre as 7:30 e as 8:30. A partir desa hora non se permite acceder á sala onde se fai a actividade. As familias que utilicen o servizo continuadamente recibirán información específica sobre o uso do servizo en persoa ao deixar ao neno/a.

A actividade se prestará coincidindo cos días lectivos do calendario escolar do centro, agás situacións meteorolóxicas adversas con suspensión das clases ou causa de forza maior.

No caso de asistencia esporádica, as normas serán as seguintes:

1.- O alumno deberá ter feita a matrícula cubrindo anticipadamente a folla de inscrición (pódese recoller na Web da ANPA ou pedirlla ao persoal de servizo) e remitila ao correo inscricions@anpacastrobaxoi.gal ou entregala en man ao persoal de mañanceiros. A inscrición incluirá tamén o formulario da empresa Alicerce Eventos S.L.

2.- As familias de alumnos/as que vaian utilizar o servizo de mañanceiros e requiran o almorzo, deberán chamar ao nº 692-427438 indicando o nome do rapaz/a antes das 20:00 h. do día anterior. Se van almorzar na casa, poden deixar ao alumno/a sen avisar anticipadamente entre as 7:30 e as 8:30. O servizo pagarase en man ao deixar ao neno/a.

3.- Recoméndase traer na mochila un neceser cos útiles de hixiene bucal. Os máis pequenos poden traer tamén un mandilón para protexer a roupa no almorzo ou na actividade que se programe.

FORMULARIO DE MATRÍCULA ANPA 2016-2017

FOLLA DE INSCRICION PARA A EMPRESA ALICERCE EVENTOS S.L.

Os interesados deberán formalizar a matrícula e remitila firmada e escaneada a inscricions@anpacastrobaxoi.gal ou entregala na secretaría do centro. A Anpa recibirá as inscripcións durante todo o curso escolar, sempre que se avise da súa entrega no correo electrónico ou no teléfono.

Para que funcione o servizo compre xuntar un grupo mínimo de 8 escolares todos os días da semana. Ao comenzo do curso xa constan preinscritos dabondo para que funcione o servizo, pero lembramos que podería producirse o cambio de tarifa no caso de non poder sustentar económicamente o programa por baixa de rapaces/as. 

As tarifas para este curso son as seguintes (en €):

PREZOS EN EUROSCON ALMORZOSEN ALMORZO
5 DÍAS SEMANA55.0045.00
4 DÍAS SEMANA52.0044.00
3 DÍAS SEMANA39.0033.00
2 DÍAS SEMANA26.0022.00
1 DÍA SEMANA13.0011.00
ESPORÁDICOS4.002.50
SEGURO OBRIGATORIO ANUAL (pagamento único extraescolares, comedor e mañanceiros)55
MATRÍCULA ANUAL SOCIO/A ANPAGratuiaGratuita
MATRÍCULA ANUAL NON SOCIO18.0018.00

No prezo, que se cobrará por adiantado nos primeros días do mes, inclúese o material que se utilizará para as actividades educativas. Os meses de setembro e xuño cóbranse enteiros. Os non socios da ANPA deberán aboar á asociación 18.00 € en concepto de matrícula anual segundo lles indique a Xunta Directiva. Os socios teñen a matrícula de balde.

Seguro obrigatorio

Como novidade para o curso escolar 2016/2017, por decisión da Xunta Directiva, os servizos de extraescolares, comedor e mañanceiros comparten seguro de accidentes que as familias aboarán, nun pagamento único de 5 € por cada filla ou fillo que participe nalgunha actividade que organice a asociación. A unificación e obrigatoriedade do seguro elimina duplicidades (o ano pasado as usuarias e usuarias de mañanceiros pagaban 10€ polo seguro;  en comedor pagarían 4€; as extraescolares ou saídas que organiza a ANPA non estaban cubertas, as festas e eventos fóra do horario escolar tampouco, etc.) 

Por todo o dito, consideramos que estaba xustificada, e mesmo indicada, a contratación dun seguro único, común e obrigatorio que garante ademáis uns niveis mínimos de cobertura e asistencia para as nenas e nenos que participan nas nosas actividades


INSTALACIÓNS E ACCESO AO SERVIZO

Desde xaneiro de 2016 o servizo de mañanceiros e comedor comparten unha nova aula emprazada na parte baixa do Edificio do CPI Castro Baxoi (onde están as aulas de infantil). A porta de acceso para as usuarias e usuarios do servizo é a que está na parte máis próxma á Marisma do edificio (no cruce da Rúa Marismas coa Rúa Telle), sempre en horario de 7.30 a 8.30 h. A aula está ao final do patio, na parte central.