ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES

CONTRA OS RECORTES E EN DEFENSA DA EDUCACIÓN PÚBLICA

-Entendemos que a educación pública debe ser o eixo das prioridades políticas e sociais, e que só ela pode facer efectiva a igualdade de oportunidades, converterse en ferramenta de progreso e ofrecer perspectivas sen exclusión á mocidade.

-Debemos aumentar o seu prestixio e axudar ao seu profesorado co apoio e confianza que mereza o seu esforzo e implicación.

-Esiximos que se valore publicamente a importancia da educación e de todas as traballadoras e traballadores do ámbito educativo, con feitos e con palabras.

-Demandamos un financiamento axeitado, evitando os recortes orzamentarios ou a súa derivación a centros privados ou concertados, pondo a educación pública nas prioridades de investimento das Administracións. Cómpre, e máis en tempo de crise, manter e reforzar os orzamentos, o que non está rifado cunha xestión da máxima eficacia e eficiencia e co mellor aproveitamento dos recursos existentes.

-Cremos nunha visión construtiva do sistema educativo público capaz de cuestionar o seu funcionamento, co ánimo de dinamizala e para que siga respondendo en cada momento ás necesidades da sociedade en xeral e as particulares de cada contorna concreta.

-Requirimos, para manter e potenciar a educación pública, que se retire inmediatamente o castigo que está a recibir e, no lugar de diminuír rateos ou evitar substitucións -en definitiva reducir persoal-, se busquen fórmulas para aumentar o investimento na mellor herdanza que podemos ofertar aos nosos fillos e fillas.

-Salientamos a decisión do equipo docente do Centro por manter as actividades complementarias e extraescolares, poñendo de manifesto a súa preocupación por unha formación integral do alumnado, obxectivo principal da ANPA que comparte coa comunidade educativa.

     -A ANPA DO CASTRO-BAXOI POR UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA DE CALIDADE-