ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES

"urxente" banco de libros: E.S.O. 

Xoves, 10 de setembro de 2015

Precísanse libros de 2º e 4º da ESO. As familias poden facer a cesión o xoves, 10 de setembro, de 18:00-19:00, ou o martes, 15 de setembro, de 17:00 a 19:00 h. na aula de inglés do Concello, xunto á Policía Local.

Para a entrega de exemplares ás familias, a Anpa comunicarase por teléfono cos pais ou nais o martes, 15 de setembro, data na que se saberá os exemplares dispoñibles no banco da Anpa para a secundaria.

BANCO DE LIBROS DA ANPA: RECOLLIDA DE EXEMPLARES 

Domingo, 21 de xuño de 2015

Comunícase ás familias que os días para a recollida dos libros prestados ou utilizados no curso 2014-2015 serán os seguintes:

-3º e 4º EP: Martes 23 de xuño, de 17:00 a 20:00 h.

-5º e 6 EP: Mércores 24 de xuño,  de 17:00 a 20:00 h.

-1º e 2º ESO: Xoves 25 de xuño, de 17:00 a 20:00 h.

-3º e 4º ESO: Venres 26 de xuño,  de 17:00 a 20:00 h.

A recollida se fará no local de ingles, nos baixos dos locais municipais de Rabazal, xunto á Policiá Local de Miño.

A Comisión do Banco de Libros da Anpa.

FONDO SOLIDARIO DA XUNTA AO CONSELLO ESCOLAR DO CASTRO BAXOI 

Xoves, 11 de xuño de 2015

Informamos ás familias que, a petición da Dirección do CPI, convocouse unha reunión extraordinaria do Consello Escolar do centro coa finalidade de realizar un manifesto conxunto de toda a comunidade educativa en relación co fondo solidario de libros de texto ordeado pola Consellería de Educación. 

A Xunta Directiva da Anpa defende a volta a o sistema de préstamo universal e gratuito de libros de texto, e non coincide no principal co postulado polo representantes dos docentes (que solicitan o aplazamento por dous anos do fondo solidario, e permitir o cambio de libros de texto que non estean adaptados ao currículo da LOMCE).

Por outra banda temos constancia dun número importante de erros nas listaxes publicadas de nenos e nenas que teñen a obriga de devolver os libros financiados co Cheque que parece indicar a existencia de fallos sistémicos na recollida dos datos e, xa que logo, na validez das listaxes. Como este problema é xeral en toda Galicia, a Anpa procurará ter informados a os socios/as das decisión que no seu caso se tomen desde as Federacións de Anpas sobre este particular asunto.

En canto á colaboración co fondo solidario da Consellería e á futura organización do banco de libros da ANPA, adiantamos ás familias que será a asemblea de socios -que se convocará en breve- a que acorde a folla de ruta a seguir.

Lembramos ás familias de 2º e 4º da ESO que só hai obriga de devolver os libros de texto que foron financiados polo cheque durante este curso. O resto dos libros SON PROPIEDADE DAS FAMILAS.

COMUNICADO DA ANPA AO CONSELLO ESCOLAR

ANPA CASTRO BAXOI INFORMA

BANCO DE LIBROS DA ANPA PARA O CURSO 15-16 

Domingo, 7 de xuño de 2015

O Banco de Libros da ANPA Castro Baxoi nútrese da vontade solidaria das familias, que ceden os libros adquiridos cos seus cartos á Asociación para a súa reutilización por outras familias.

Tendo en conta que aínda se descoñecen os materiais que se van a utilizar o próximo curso, queremos informar que o Banco de Libros da ANPA seguirá funcionando sempre que conte con textos que se poidan ofrecer ás familias.
Haberá, eso si, que modificar o Regulamento actual, en función das condicións en que poida seguir adiante esta iniciativa solidaria das nais e pais, polo que en breve  seredes convocados en Asamblea Extraordinaria para tal fin.

Todo isto non quita que desde a ANPA Castro Baxoi solicitemos a volta ao sistema de préstamo universal e gratuito dos libros de texto en todas as etapas do ensino obrigatorio.

BANCO DE LIBROS 2014-2015: CONVOCATORIA SETEMBRO

Luns, 1 de setembro de 2014

Os horarios de entrega e recollida de libros para o curso 2014-2015 na convocatoria de setembro serán os seguintes:

Recollida: Martes, 9 de setembro, de 9:00 a 14:00 horas no centro escolar.

Entega: Xoves, 11 de setembro de 9:00 a 14:00 horas no centro escolar.

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

RESUMO DO FUNCIONAMENTO curso 14-15 

Domingo, 22 de xuño de 2014

-O banco de libros é un sistema solidario para organizar a reutilización de libros de texto entre as familias do Castro Baxoi. 

-Participan alumnos dos cursos desde 3º de primaria ata 4º da ESO. 

-É requisito ser socio/a da Anpa ou, se a familia non estivese asociada, inscribirse para o vindeiro curso. Ver formulario de inscrición.

-Os participantes deben acudir dúas veces ao centro para deixar os libros usados e recoller que que se van usar.

-Cesión e reserva: Farase do 23 ata o 27 de Xuño, nas instalacións do CPI, en horario de 9 a 14 horas. As familias inscritas ceden os libros do ano en curso ou de anos anteriores que poidan ser usados no vindeiro curso. (Ver listaxe).

No momento da cesión  tamén se fai a petición ou reserva dos libros do curso 2014-2015 usando o seguinte formulario de reserva, que podedes traer cuberto:

3º educación primaria
4º educación primaria5º educación primaria
6º educación primaria
1º ESO
2º ESO
3º ESO
4 ESO

-RecollidaNo día concreto que se indique aos participantes, entre o 3 e o 8 de Xullo, en horario de 10 a 13 horas, tamén no propio CPI, entregaránse os textos, agás ás familias con fillos que teñan materias pendentes.

-Repartiránse os libros cedidos según os criterios recollidos no regulamento, pero garantindo que todos os participantes reciban a lo menos un exemplar.

-A inscrición no banco de libros implica a aceptación do seu regulamento. Regulamento do banco de libros.

QUE É UN BANCO DE LIBROS? 

Un banco de libros é un sistema solidario para organizar a reutilización de libros de texto ou lectura entre as familias dun centro educativo. O habitual nos CPIs é que participen alumnos dos cursos desde 3º de primaria ata 4º da ESO. 

Entre os obxectivos dun banco de libros está:
-Que o alumnado tome conciencia do uso racional dos recursos.
-O respeto do medio ambiente mediante o coidado dos materiais escolares e a súa reutilización.

-A promoción da solidariedade e da responsabilidade colectiva, ademáis do fortalecemento das redes de apoio mutuo. 

-Un grande aforro económico para as familias (centos de euros por familia).

No principal consiste en que os libros usados son reutilizados por outro alumno no seguinte curso académico, podendo llegar a utilizarse ata seis anos cada libro.

Para o axeitado funcionamento dun banco de libros cómpre que os escolares coiden o material e que os profesores colaboren facilitando o seu desenvolvemento. Pero é moi importante que o número de familias que participan sexa o maior posible. Unha comisión de nais e pais traballa solidariamente desde o mes de abril en colaboración co equipo directivo do centro e a xunta directiva da Anpa na organización do banco de libros do CPI Castro Baxoi para o curso 2013-2014.

RESUMO DO FUNCIONAMENTO curso 13-14 

Mércores, 12 de xuño de 2013

-É requisito ser socio/a da Anpa ou, se a familia non estivese asociada, inscribirse para o vindeiro curso.

-As familias se inscriben no banco de libros e ceden os libros do ano en curso ou de anos anteriores. No momento da cesión dos libros do ano en curso tamén se fai a petición ou reserva dos libros do seguinte curso. Ver recollida ou reserva de libros. Só se recollerán os libros incluídos na listaxe de libros aceptados. 

-No día indicado, as familias acudirán ao centro escolar a recoller os libros cedidos para o vindeiro curso. Repartiránse os libros cedidos según os criterios recollidos no regulamento, pero garantindo que todos os participantes reciban a lo menos un exemplar. Ver entrega de libros.

-A inscrición no banco de libros implica a aceptación do seu regulamento. Regulamento do banco de libros.

-Calquera dúbida remitirase á: bancodelibroscastrobaxoi@gmail.com ou chamando ao tfno 682 321 886

RESULTADOS XUÑO-SETEMBRO 2013 

Xoves, 19 de setembro de 2013

Xuntamos os datos de participación no banco de libros nas convocatorias de xuño e setembro. Cerca dun 40% dos alumnos recibiron libros, cun promedio de catro exemplares por alumno. Entregáronse 424 libros.

Mención especial para os alumnos que cursan 6º de primaria; qie recibiron unha media de 7 exemplares por alumno e participaron máis da metade deles.

A Anpa quere agradecer especialmente aos socios que forman parte da comisión do banco de libros, ao profesorado que colaborou activamente, e ás familias que confiaron neste servizo solidario da Anpa. 


ANPA CASTRO BAXOI INFORMA

curso 13-14: COMO SE FIXO? 

RECOLLIDA DE LIBROS pola Anpa (xuño 2013):

-Do ano en curso: Os libros que se cedan pertencentes ao curso 2012-2013 de educación primaria quedarán depositados nas aulas do centro educativo no último día do curso escolar (20 de Xuño) xunto co impreso de inscrición e cesión, máis o de reserva debidamente cuberto. 

alumnado de secundaria poderá facer o depósito dos libros no centro o día da entrega das notas (21 de Xuño) da mesma forma que os de primaria. 

O alumnado que teña que realizar exames en setembro poderá participar no banco de libros a partir do día 9 de setembro. As datas concretas de recollida e entrega publicaranse a principio de setembro nesta sección.

Para a entrega á Anpa de libros do ano en curso se cubrirá e entregará cos textos o formulario de inscrición e cesión correspondente:

3º educación primaria
4º educación primaria
5º educación primaria
6º educación primaria
1º ESO
2º ESO
3º ESO
4 ESO

Formulario de inscrición de socios/as. (para as familias que aínda non son socias)

-De anos anteriores: Membros da Anpa recollerán os libros cedidos por familias pertencentes a cursos anteriores VER LISTAXE nos seguintes días e lugares:

1.- No colexio: 

   De 9:00 a 10:00: Días 10, 11, 12, 13, 14, 17, 18 e 19 de xuño.

   De 16:00 a 17:00: Días 17, 18 e 19 de xuño.

2.- No local da Anpa: (Aula de  Inglés, xunto á Policía Local de MIño)

   De 10:30 a 11:30: Días 10, 11, 12, 13, 14, 17, 18 e 19 de xuño. 

   De 16:00 a 17:00: Días 13 e 14 de xuño.

Para a entrega á Anpa de libros de anos anteriores se cubrirá e entregará cos textos o formulario de cesión correspondente:

3º educación primaria
4º educación primaria
5º educación primaria
6º educación primaria
1º ESO
2º ESO
3º ESO
4 ESO


RESERVA DE LIBROS polas familias (xuño 2013):

No momento de deixar cedidos os libros do ano en curso (20, 21 de xuño ou en setembro, segundo o caso), as familias entregarán ademáis do formulario de inscrición e cesión, o formulario de reserva de exemplares elixindo o curso que vai estudar o rapaz ou rapaza no ano académico 2013-2014.

3º educación primaria
4º educación primaria5º educación primaria
6º educación primaria
1º ESO
2º ESO
3º ESO
4 ESO


ENTREGA DE LIBROS ás familias (xuño 2013): 

Os libros se entregarán no colexio.

CURSODÍA HORARIO
3º primaria4 de xullo10:00 - 13:00
4º primaria4 de xullo10:00 - 13:00
5º primaria5 de xullo10:00 - 13:00
6º primaria5 de xullo10:00 - 13:00
1º eso8 de xullo10:00 - 13:00
2º eso8 de xullo10:00 - 13:00
3º eso9 de xullo10:00 - 13:00
4º eso9 de xullo10:00 - 13:00

Atenderánse as incidencias na entrega o día 10 de xuño de 10:00 a 13:00 h. no colexio. 

ANPA CASTRO BAXOI INFORMA