ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES

FESTA DA ANPA FIN DE CURSO 16/17 

Sábado, 17 de Xuño de 2017

Presentamos o programa definitivo para a Festa de fin de curso que terá lugar, de 17:00 h. a 19.30 h.  nas instalacións do CPI Castro Baxoi, a tarde do día 22.06.2017.

Para acceder ao centro os menores deberán acudir acompañados dun adulto ou ter presentada a correspondente autorización por escrito (a partir de 5º de Primaria). A documentación con toda a información e o modelo de autorización enviarase nas mochilas do alumnado nos vindeiros días.

Agradecemos o apoio das entidades colaboradoras para a realización da festa (CPI Castro Baxoi, Concello de Miño, Erosky City)

 

 

FESTA DE FIN DE CURSO 2015 

Martes, 16 de xuño de 2015

Achegamos o programa definitivo da FESTA DE FIN DE CURSO para a tarde do vindeiro venres, 19 de xuño, en horario de 16:00 a 19:00 nas instalacións do CPI Castro Baxoi.

A festa incluirá a exhibición das extraescolares: Iudo, xadrez, teatro, baloncesto, combo musical e zumba. Contará coa presencia dun mago profesional e haberá como todos os anos inchables e obradoiros para os mais pequenos.

POLA SEGURIDADE DOS ALUMNOS E ALUMNAS recordamos que para asistir á festa de fin de curso o alumnado deberá estar acompañado dun adulto

O alumnado de secundaria poderá acceder ao recinto e sair do mesmo sen un adulto sempre que presente na entrada a autorización firmada polos pais ou titores (pódese utilizar o modelo proposto pola Anpa).

OS ALUMNOS E ALUMNAS QUE NON CUMPRAN ESTA NORMA DE SEGURIDADE NON PODERÁN ACCEDER Á FESTA, PORQUE A ORGANIZACIÓN DISPORÁ DUN CONTROL DE ACCESOS.

MODELO AUTORIZACIÓN ASISTENCIA FESTA

Agradecemos o esforzo e apoio económico para a realización da festa ás entidades colaboradoras

VIDEOS INTERESANTES 

"A escaleira". Feito no Laboratorio de Comunicación do CEIP de A Lama por rapaces de primaria.


"Ibarrola na Escola". Video do CEIP de A Lama do proceso de recreación do bosque OMA polos alumnos de educación infantil.


"Os vellos tempos" Curtametraxe dos alumnos de 6º de primaria do CEIP de A Lama


"La generosidad de enseñar" Longametraxe documental


O Bosón de Higgs


La Bruxa. Premio Goya ao mellor corto 2011


Extraordinaria experiencia do CPI Virxe da Saleta de CEA

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

FESTA DE FIN DE CURSO 2014 

Sábado, 14 de xuño de 2014

O vindeiro xoves, 19 de xuño, a partir das 16:00 h, terá lugar a Festa de Fin de Curso organizada pola Anpa e o profesorado.

Haberá actividades ata as 18:00. A partir desa hora darase a merenda aos escolares asistentes.

Estades todos invitados!!!!

Ver programa

Recordade que o venres 20, haberá clase normal de 9:00 a 14:00, e se manterán os servicios de mañanceiros e comedor.

ANPA MIÑO CPI CASTRO BAXOI INFORMA

FESTA DE FIN DE CURSO 2013 

Domingo, 16 de xuño de 2013

O xoves, 20 de xuño, de 16:00 a 19:00 no CPI Castro Baxoi, grande festa de fin de curso para todos...

Desde a Anpa temos o orgullo de participar activamente na súa organización, e queremos invitar a todas as familias a disfrutar no noso colexio cos nosos rapaces/as, nun acto lúdico que festexa o esforzo dos escolares e dos profesores todo este curso.

ver PROGRAMA

¡¡¡¡¡¡¡TODAS AS FAMILIAS INVITADAS...!!!!!

Organiza: A comunidade escolar do CPI Castro Baxoi.

ANPA CASTRO BAXOI INFORMA

FESTA DE FIN DE CURSO 2012 

O xoves 21, de 9:30 a 19:00, organizado polo persoal do centro e a ANPA, terá lugar a primeira xornada de convivencia e fin de curso que se celebra no Castro Baxoi. Será un día de portas abertas para todos os membros da comunidade escolar, especialmente ás nais e pais, pensado para pasar o día coa familia, cos profesores e co resto do alumnado. 

Haberá actividades para todos e de todo tipo: Deportivas, culturais, concursos, exhibicións, actuacións musicais, espectáculo cómico, inchables, obradoiros, graffitis...

Farase un acto de despedida dos alumnos de 4ª da ESO, e de final de ciclo cos de 6ª de primaria, coa presencia do equipo directivo e dos representantes do Concello. Os pais e nais dos alumnos/as poderán acudir ao acto ata o aforo máximo da sala de usos múltiples.

Recomendamos comer no colexio, no que será un momento de convivencia entre as familias e profesores que o desexen. A ANPA aportará as bebidas coa axuda de varias entidades colaboradoras de Miño. As familias deberán traer a comida da casa.

Para os que se queden, haberá autobuses de regreso ás sete da tarde.

Como fin de festa actuará o grupo Rock "NO FROST".

...ver aquí o programa completo... 

Anpa Miño CPI Castro Baxoi informa.