ᴘʀᴏɢʀᴀᴍᴀ ᴅᴇ ʟᴇᴄᴛᴜʀᴀ ᴀꜱɪꜱᴛɪᴅᴀ ᴄᴏ CANS: Algúns dos obxectivos que contribúe este programa son mellorar a capacidade lectora e a motivación cara á lectura, a autoestima, a seguridade dos participantes, a confianza, a atención. e concentración, expresión oral e relación cos demais. Este programa está dirixido a escolares con necesidades educativas específicas a nivel lector, de autoestima ou a nivel social.
O programa no CPI Castro Baxoi desenvolverase de outubro a xuño, dentro do horario lectivo. Será 1 sesión de 20 minutos por participante. O equipo de READ que levará a cabo as sesións neste centro estará formado por un can lector denominado “NALA”, especialmente adestrado para realizar este traballo, e a súa guía canina Laura que dirixe a sesión, co seguimento do Equipo de orientación do centro. https://www.perrosyletras.com/
Cans e Letras – R.E.A.D. España
Hoxe vén de presentarse ao colexio N̲a̲l̲a̲, unha nova compañeira canina que pertence á Asociación Cans e Letras, e que xunto coa súa guía, Laura, dará apoio a algún dos nosos alumnos, en colaboración co departamento de orientación.
A Asociación Cans e Letras desenvolve o Programa READ de lectura asistida con cans, a través do cal traballan a lectura, as habilidades sociais e o reforzo da autoestima. O programa será financiado pola ANPA Castro Baxoi e a Consellería de Educación.