ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
Anpa Miño C.P.I. Castro Baxoi
FORMACIÓN PARA
AS NAIS E OS PAIS
COMEDOR ESCOLAR
BANCO
DE
LIBROS
MAÑANCEIROS
EXTRAESCOLARES

FOLGA EDUCATIVA DO 26 DE OUTUBRO

Sábado, 22 de outubro de 2016

O vindeiro 26 de outubro convocamos unha folga xeral educativa contra as revalidas, contra a LOMCE e contra os recortes en educación que vimos sufrindo os últimos anos. Dita folga consistirá en baleirar as aulas de todos os centros educativos do país.

A convocatoria é conxunta cos nosos fillos e fillas, alumnado que está ameazado coas reválidas e que soporta a cotío nos seus centros educativos a implantación da LOMCE e os recortes impostos, atacando así o seu dereito á educación.

Desde que se impuxo a LOMCE, asistimos tamén á aprobación reiterada de proposicións non de lei (PNL) e a resolucións que piden unha e outra vez a súa derrogación, a paralización do seu calendario e a eliminación das reválidas. Todo isto é moi importante para amosar que o rexeitamento da lei e específicamente das reválidas, é maioritario, mais carece de forza legal que poida obrigar ao Goberno a súa anulación.

Achegamos un exemplo de xustificante de ausencia.


ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 

Martes, 18 de outubro de 2016

Convócase aos socios/as e ás nais e pais de alumnos do CPI Castro Baxoi á asemblea xeral ordinaria, que se celebrará o XOVES , 20 de outubro, na sala de usos múltiples do colexio, ás 19:30 na primeira convocatoria e ás 20:00 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

1.-Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.

2.-Memoria de xestión:

2.1.- Informe de xestión da Xunta Directiva: Memoria anual do curso 2015-2016.

2.2.- Estado de contas do exercicio anterior. 

2.3.-Subvencións e convenios de colaboración da Anpa coas administracións públicas. 

3.- Programa mañanceiros e comedor escolar. Informe da xunta directiva. 

4.-Banco de libros: Informe da xunta directiva. 

5.-Actividades extraescolares: Informe da xunta directiva e aprobación da contía das achegas propostas para o curso 2016-2017. 

6.-Participación da Anpa no Consello Escolar. 

7.- Renovacións, ceses e nomeamento dos cargos da xunta directiva. 

8.- Rolda de intervencións, rogos, suxestións e preguntas. 

Miño, 2 de outubro de 2016. 

A Secretaria accidental: María Arantzazu Domínguez Villanueva asdo.

O Presidente: Francisco Jesús Bustabad Anido asdo.

NOTA DE INTERESE - SERVIZO DE CONCILIACIÓN: co ánimo de facilitar a asistencia e a participación das familias na Asemblea, haberá, no mesmo horario, un servizo de conciliación (para as nenas e nenos a partir de 4º de Educación Infantil) que prestará a empresa Novo Alicerce S.L. Para ter unha previsión do persoal que se precisará para atender o servizo, rogamos ás familias que nos remitan unha mensaxe a correo@anpacastrobaxoi.gal indicando os datos básicos das nenas e nenos que van empregar o servizo (nome e apelidos, data de nacemento, curso, nome do pai/nai/titor/titora, etc.)


EXTRAESCOLARES DEFINITIVAS PARA O CURSO 2016-2017 E SEGURO DE ACCIDENTES   

Martes, 11 de outubro de 2016

Confirmamos que para a semana do 10.10.2016 ao 16.10.2016 funcionarán as seguintes actividades extraescolares (todas comezaron na semana do 03.10.2016 agás Artes Plásticas que se incorpora):

  • .- Xadrez (luns de 16 a 18 h.)
  • .- Nenoos Mini 1-2 (martes de 16 a 17h.)
  • .- Música e Movemento (grupo I - martes de 16 a 17h.; grupo II - martes de 17 a 18 h.)
  • .- Nenoos Junior 3-5 (luns e mércores 17-18h)
  • .- Atletismo (mércores de 18 a 19 h.)
  • .- Judo (martes e xoves de 16 a 17 h.)
  • .- Zumba (martes de 17 a 18 h.)
  • .- Combo Musical (martes de 16 a 17.30 h)
  • .- Niñ@s felices (grupo 1 de 16.00 a 17.00 h.)
  • .- Artes plásticas (grupo xoves de 16.00 a 18.00)

Os grupos para as actividades de Judo, Música e Movemento, Niñ@s Felices e Zumba quedan pechados con data de 11.10.2106. As inscricións que se reciban para as ditas actividades pasarán á listaxe de agarda.

Debido ao baixo número de inscricións rexistradas as actividades de:  Robótica e Escalada non poden comezar polo momento. Seguimos a aceptar inscricións para intentar acadar un grupo mínimo de interesados.

En canto á actividade de Baloncesto, anunciamos que, debido ao baixo número de alumnas e alumnos inscritos na actividade de Baloncesto e á necesidade de optimizar o emprego das instalacións deportivas que tiñamos solicitadas, temos que desistir de levar adiante a dita actividade ao longo do curso 2016/2017.

Como novidade para o curso escolar 2016/2017, por decisión da Xunta Directiva, os servizos de extraescolares, comedor e mañanceiros comparten seguro de accidentes que as familias aboarán, nun pagamento único de 5 € por cada filla ou fillo que participe nalgunha actividade que organice a asociación. A unificación e obrigatoriedade do seguro elimina duplicidades (o ano pasado as usuarias e usuarias de mañanceiros pagaban 10€ polo seguro;  en comedor pagarían 4€; as extraescolares ou saídas que organiza a ANPA non estaban cubertas, as festas e eventos fóra do horario escolar tampouco, etc.) 

Por todo o dito, consideramos que estaba xustificada, e mesmo indicada, a contratación dun seguro único, común e obrigatorio que garante ademáis uns niveis mínimos de cobertura e asistencia para as nenas e nenos que participan nas nosas actividades.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                 

Todavía é posible a través do formulario de inscrición anotarse nas extraescolares para este curso. Lembrade que os formularios se deben entregar na secretaría do centro (que rexistrará a entrega) ou ao correo inscricions@anpacastrobaxoi.gal.

Consulta toda a oferta e horarios na sección Actividades->Extraescolares


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 

Domingo, 02 de outubro de 2016

Convócase aos socios/as e ás nais e pais de alumnos do CPI Castro Baxoi á asemblea xeral ordinaria, que se celebrará o XOVES , 20 de outubro, na sala de usos múltiples do colexio, ás 19:30 na primeira convocatoria e ás 20:00 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

1.-Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.

2.-Memoria de xestión:

2.1.- Informe de xestión da Xunta Directiva: Memoria anual do curso 2015-2016.

2.2.- Estado de contas do exercicio anterior. 

2.3.-Subvencións e convenios de colaboración da Anpa coas administracións públicas. 

3.- Programa mañanceiros e comedor escolar. Informe da xunta directiva. 

4.-Banco de libros: Informe da xunta directiva. 

5.-Actividades extraescolares: Informe da xunta directiva e aprobación da contía das achegas propostas para o curso 2016-2017. 

6.-Participación da Anpa no Consello Escolar. 

7.- Renovacións, ceses e nomeamento dos cargos da xunta directiva. 

8.- Rolda de intervencións, rogos, suxestións e preguntas. 

Miño, 2 de outubro de 2016. 

A Secretaria accidental: María Arantzazu Domínguez Villanueva asdo.

O Presidente: Francisco Jesús Bustabad Anido asdo.


ABERTO O PRAZO MATRÍCULA PARA OS SERVIZOS DE COMEDOR E MAÑANCEIROS 

Luns, 7 de setembro de 2016

Co comezo do curso escolar 2016/2017, comezan tamén a funcionar tamén os servizos de comedor  e mañanceiros. 

O prazo de inscrición para os alumnos que comezan o 12.09.2016 a empregar o servizo remata o 08.09.2016.

A ANPA do CPI Castro Baxoi de Miño xestiona o comedor escolar do Castro Baxoi, en colaboración coa Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da provincia da Coruña e a empresa Jardanay S.L. O Concello de Miño convoca en cada curso axudas para a asistencia ao comedor, que concede segundo criterios socio-económicos (para este ano o anuncio de aprobación das bases é do 05.09.2016 - máis información na Oficina de Servizos Sociais do Concello). Consulta toda a información na sección de Actividades->Comedor.

Mañanceiros é un servizo de conciliación que organiza a ANPA en colaboración coa empresa Alicerce Eventos S.L. Xa se pode facer a reserva de praza paranote a actividade de Mañanceiros para o curso 2016-2017. Consulta toda a información na sección de Actividades->Mañanceiros.

Como novidade para o curso escolar 2016/2017, por decisión da Xunta Directiva, os servizos de comedor e mañanceiros comparten seguro de accidentes que as familias aboarán, nun pagamento único de 5 €.

PROPOSTA EXTRAESCOLARES 2016-2017 

Luns, 5 de setembro de 2015

Próximamente publicaremos a proposta de actividades extraescolares para o curso 2016/2017.


ABERTO O PRAZO MATRÍCULA PARA O SERVIZO DE MAÑANCEIROS 

Luns, 5 de setembro de 2016

Co comezo do curso escolar 2016/2017, comeza a funcionar tamén o servizo de Mañanceiros que organiza a ANPA en colaboración coa empresa Alicerce Eventos S.L. Xa se pode facer a reserva de praza para a actividade de Mañanceiros para o curso 2016-2017. Consulta toda a información na sección de Actividades->Mañanceiros.


ABERTO O PRAZO MATRÍCULA PARA O SERVIZO DE MAÑANCEIROS 

Luns, 5 de setembro de 2016

Xa se pode facer a reserva de praza para a actividade de Mañanceiros para o curso 2016-2017. Consulta toda a información na sección de Actividades->Mañanceiros.


22 de XUÑO - FESTA DE FIN DE CURSO 2016


Festa da ANPA. 22.06.2016

Xoves, 16 de xuño de 2016

Presentamos o programa definitivo para a Festa de fin de curso que terá lugar, de 16.30 h. a 19.30 h.  nas instalacións do CPI Castro Baxoi, a tarde do día 22.06.2016.

Para acceder ao centro os menores deberán acudir acompañados dun adulto ou ter presentada a correspondente autorización por escrito (a partir de 5º de Primaria). A documentación con toda a información e o modelo de autorización enviarase nas mochilas do alumnado nos vindeiros días.

Agradecemos o apoio das entidades colaboradoras para a realización da festa (CPI Castro Baxoi, Concello de Miño, Vázquez y Garzón S.L.)


Contamos con vós para pasar unha tarde diferente como peche do curso. NON FALTEDES!!! 


a anpa manterá o servizo de comedor e mañanceiros ata o último día de curso

Luns, 6 de xuño de 2016

Lembramos a todas as familias usuarias de mañanceiros e comedor que poderán empregar ámbolos dous servizos ata o último día de clase deste curso escolar, é dicir, o 22.06.2016 (incluído). Recordamos tamén que, ante calquera incidencia no funcionamento do servizo, teñen á súa disposición o teléfono da asociación: 682 321 886 (se por razóns de servizo ou cobertura o teléfono estivese fóra de servizo deberán agardar ao remate da locución do contestador para poder contactar con algún membro da asociación).


XORNADA DE PORTAS ABERTAS E PECHE DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Luns, 6 de xuño de 2016

Como novidade para este curso, a Anpa organiza unha xornada de portas abertas, que servirá tamén de peche para cada unha das actividades extraescolares que desenvolve no noso centro. Convidamos a todas as familias a acompañar e participar activamente na xornada acompañando aos rapaces ao longo da actividade.

O calendario é o seguinte:

actividade/dataluns 13.06martes 14.06mércores 15.06xoves 16.06venres 17.06
Xadrez
de 16 a 18 h.



Judo


de 16 a 17 h.

Zumba
de 17a 18 h., no Pavillón


Artes plásticas


de 16 a 18 h.

Baloncesto



de 16 a 17 h.

Lembramos tamén que a semana do 13.06.2016 ao 17.06.2016, é a última semana de actividades extraescolares.


O GRUPO DE JUDO PREMIADO NA EDICIÓN 28 DO TROFEO MIGUELITO

Luns, 31 de maio de 2016

Cun total de 84000 participantes ao longo das súas 28 edicións, o trofeo Miguelito, que tivo lugar no Coliseum da Coruña o pasado domingo 29, foi unha cita destacada para os judokas do CPI Castro Baxoi de Miño. Os bos resultados acadados en xeral, nesta actividade que organiza a ANPA, nos traballos de caídas, técnicas en pé e defensa persoal, fixeron merecedor ao grupo e aos seus mestresdun dos "premios á técnica" que a organización repartía nesta edición. Ao remate, unha das parellas, a formada por Daniela C. e Teo A., que obtivera previamente a calificación de excelente en todas as técnicas desenvolvidas, tivo a oportunidade de facer a súa exhibición no tatami central.


Unha organización impecable e, o mellor premio, o soriso das nosas nenas e nenos ao rematar.


Excursión en familia - sábado 4 de xuño

Sábado, 21 de maio de 2016

A Anpa do Castro Baxoi de Miño organiza e cofinancia unha excursión en familia para o sábado 4 de xuño. Para a xornada programouse un amplo abano de actividades culturales e de lecer pensadas para disfrutar dun día  divertido e diferente en familia, en comunidade e a un prezo axeitado. 

Dirixido a: familias do CPI Castro Baxoi (Nais, pais, escolares, profesorado ou persoal non docente. Familias de entidades colaboradoras coa Anpa.

Datas: Das 9.30 h. ás 21.00 h. do sábado 4 de xuño .

Lugares: Fragas do Eume e a súa contorna.

Inscricións: aberta a ta o venres 27 de maio;  Apúntate en inscricions@anpacastro baxoi.gal



AVALICIACIÓNS DE 3º E 6º DE PRIMARIA: COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA

Sábado, 7 de maio de 2016

Publicamos o comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia que resume os puntos polos que a Federación Provincial de ANPAs  da Coruña, á que pertence e coa que está aliñada a nosa asociación, rexeita as probas de avaliación da LOMCE. 



NENOOS WEEK - XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Domingo, 1 de maio de 2016

Os días 24 e 25 de maio está prevista  a "Nenoos Week"  - xornada de portas abertas. A xornada vai dirixida ás familias con alumnos inscritos nesta actividade que poderán participar e compartir un día de de clase cos seus fillos e observar a súa evolución. 

COMUNICADO DA PLATAFORMA
EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Abril de 2016

 



PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA NEN@S, PAIS, NAIS E PROFESORADO

Venres, 11 de marzo de 2016

Desde a ANPA do CPI Castro Baxoi presentamos unha proposta de actividades dirixidas ás familias e a todas as persoas que forman a Comunidade Educativa, co obxectivo de facilitar aos pais, nais e profesores, información e ferramentas que orienten na educación dos nosos fill@s. 

No seguinte tríptico informativo atoparedes toda a información sobre a programación dos talleres, temporización, prazos de inscrición, prezos, etc.

Descarga o tríptico das actividades


Descarga o tríptico das actividades
Descarga o programa das actividades.


Para cada obradoiro elaborouse tamén unha pequena sinopse cos puntos esenciais que se traballarán:

+ Arteterapia: taller de Arte Katzae. Arte para o benestar.

+ Intelixencia emocional.

+ Educación afectivo-sexual.

Agardamos que a proposta sexa do voso agrado e contamos coa vosa participación.



CONFAPA esixe á Consellería de Educación información sobre as medidas a adoptar respecto dos resultados da Avaliación Final de Primaria 

Venres, 12 de febreiro de 2016

Facémonos eco da postura común das Asociacións de Nais e Pais de Centros públicos de Galicia, representados en CONFAPA GALICIA, que solicitamos á Consellería de Educación información sobre as medidas que se van a adoptar respecto dos resultados da Avaliación Final de Primaria.

Facemos público o texto completo do comunicado  deixando constancia da nosa oposición a estas medidas e a LOMCE na súa totalidade.

+ Consulta a nota de prensa completa.


BO NADAL E FELIZ ANO 2016 

Mércores, 23 de decembro de 2015

A Xunta Directiva da Anpa desexa á comunidade educativa do Castro Baxoi, ás institucións relacionadas e ás entidades colaboradoras, un bo nadal e feliz ano 2016.

Bo Nadal e Feliz 2016

*A postal deste ano leva a imaxe dalgúns dos traballos realizados polo alumnado
da actividade 
de Artes Plásticas con motivo destas datas.

NOVA UBICACIÓN DO COMEDOR 

Domingo, 13 de decembro de 2015

A partir do martes 15 de Decembro, o servizo de Comedor e Mañanceiros deixará de realizarse na Aula de usos múltiples, como se viña facendo ata agora, e terá lugar xusto debaixo desta, nun novo espazo dedicado exclusivamente a este fin. Os pais e nais que deixen ós seus fillos e fillas en Mañanceiros, deberán  baixar polas escaleiras que hai a continuación da secretaría, e unha vez abaixo, á man dereita, localizarase o novo comedor. De todas formas adoptaranse as seguintes medidas a fin de facilitar a nova localización onde:

.- Colocaranse sinais na zona de acceso ó centro, para unha mellor orientación do novo espazo.

.- Os usuarios de Mañanceiros serán chamados e informados  persoalmente por teléfono.

En calquera caso sinalar que as entregas do servizo de Comedor continuarán facéndose no procedemento de sempre. 

Se alguén ten algunha dúbida ó respecto, poderase poñer en contacto coa ANPA.

A Xunta Directiva da Anpa.

MERCADO SOLIDARIO - NADAL 2015 


Eses xoguetes e contos que xa non utilizas, ponos en circulación!

Poñeremos á venda as vosas doazóns e cos cartos que xuntemos faremos unha achega a beneficio de ASANOG (Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia). O material que non se venda destinarase ao colexio.

Recollida de doazóns:

.- Do día 9.12.2015 ao 17.12.2015 (ámbolos dous incluídos): no porche da entrada do colexio haberá un contedor destinado á recollida.

.- Os días 16.12.2015 e 17.12.2015, de 17.00 A 19.00 h., estará aberto o baixo das pistas, debaixo da Escola Infantil.

Puntos de venda:

.- Venres, 18.12.2015, no porche da entrada do colexio.

.- Domingo 20, no feirón municipal.

Anímate e participa!

Desde a ANPA animamos a todas as familias a difundir a iniciativa e participar, na medida das súas posibilidades, nas doazóns e nas compras deste mercado. Tamén solicitamos a colaboración dos vosos peques, de 5º e 6º de primaria, para que, se lles apetece, participen con nós na venda dos artigos.

Colaboran coa ANPA na organización desta actividade:

.- Colexio Público Integrado CASTRO BAXOI.

.- Concello de Miño.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR 

A Consellería de Educación convoca axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16. Requisitos: Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16. Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €. Contía das axudas: 50 € por alumno/a O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de novembro de 2015. As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED330F.

Máis información no DOG do 10 de novembro de 2015 e en www.edu.xunta.es.

FESTIVIDADES DO DÍA DO ENSINO E DO DÍA SEGUINTE A TODOS OS SANTOS 

Lembramos a todas as familias que os días 30.10.2015 (venres) e 02.11.2015 (luns) son días non lectivos, fixados no calendario do centro, polo que non haberá clases e tampouco funcionarán os servizos e actividades que desenvolve a ANPA no centro: mañanceiros, comedor nin as actividades extraescolares.

RESULTADOS DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

O pasado venres 23.10.2015, en segunda convocatoria, celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria, que contou coa asistencia dunhas 27 socias e socios.

Ao longo da asemblea fóronse aprobando por unanimidade cada un dos puntos que figuraban na orde do día da convocatoria: acta da sesión anterior, Memoria de Xestión, informes da Xunta Directiva respecto dos programas de mañanceiros, comedor e extraescolares, informe de participación da asociación no Consello Escolar e proposta de renovación da Xunta Directiva. Foi este último o momento máis emotivo da xornada e no que se puxo de manifesto o agradecemento de todos os asistentes e o recoñecemento da inmellorable labor desenvolvida durante os últimos anos polos membros saíntes da Xunta Directiva. Deste xeito, tanto Concepción González Sarria como Rafael Vázquez Piñeiro, que asistiron á Asemblea, puideron recibir en persoa o cariño das compañeiras e compañeiros da asociación que se fai extensible ao resto de membros da Xunta Directiva que non renovaron este ano a súa participación. Na sección adicada a "Como Participar" desta web pódese consultar como quedou a configuración da nova Xunta Directiva.

Para rematar, en rogos e preguntas, saíron temas como o coidado e mellora  das instalacións, a prevención dos riscos e perigos potenciais no centro ou a necesidade de avanzar na coordinación das actividades extraescolares co resto de clubes e entidades que as propoñen.

NOVO TELÉFONO PARA URXENCIAS 

Xa está en servizo o novo número de teléfono para avisar de incidencias graves ou relativas á recollida ou entrega dos rapaces no servizo de comedor. Poden chamar ao móbil número 661 709 913, que estará activo entre as 14:00 e as 16:00 h.  

Antes de chamar valore a urxencia ou necesidade da chamada, para evitar retrasar o traballo das monitoras.

convocatoria asemblea xeral ordinaria 

Martes, 6 de outubro de 2015

Convócase aos socios/as e ás nais e pais de alumnos do CPI Castro Baxoi á asemblea xeral ordinaria, que se celebrará o venres, 23 de outubro, na sala de usos múltiples do colexio, ás 20:00 na primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
1.-Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
2.-Memoria de xestión:

  2.1.- Informe de xestión da xunta directiva: Memoria anual do curso 2014-2015.
   2.2.- Estado de contas do exercicio anterior.

   2.3.-Subvencións e convenios de colaboración da Anpa coas administracións públicas.

3.- Programa mañanceiros e comedor escolar. Informe da xunta directiva.
4.-Banco de libros: Informe da xunta directiva.
5.-Actividades extraescolares: Informe da xunta directiva e aprobación da contía das achegas propostas para o curso 2015-2016.
6.-Participación da Anpa no Consello Escolar.
7.- Renovacións, ceses e nomeamento dos cargos da xunta directiva.
8.- Rolda de intervencións, rogos, suxestións e preguntas.

Miño, 6 de outubro de 2015.
A Secretaria, Gema García Lores