Festa Fin de Curso

O curso escolar está a piques de terminar e que mellor que pechalo cunha festa.. convidamos a toda a comunidade do CPI Castro Baxoi á Festa de fin de Curso☀️😎🎉🎊🤸🤾🤹🕺💃🏼🎈🎈

Onde haberá:

  • Xogos tradicionais 
  • Inchábels 
  • Festa da escuma 

**Lembrade que os pequenos deben estar acompañados dun adulto.

Obra “Touch Wood”

Queres pasar unha mañán, divertida en familia ou con amigos/as e aprender inglés ao mesmo tempo? Esta ANPA xunto co Concello de Miño proponvos un plan: Da man da compañía de teatro @movingontheatrecompan en colaboración con Get brit! a túa Escola de Ingles en Miño, unha obra de teatro que será integramente en inglés e interpretada por actores e actrices nativos de Gran Bretaña sobre o coidado do medio ambiente. Será o domingo 10 de abril, as 11:00 interpretarán a obra “Touch Wood” no Centro Social de A Rúa, Miño. A entrada é libre e gratuíta!