Categoría: Sin categoría
Actividades con Prazas Dispoñibles
INFORMACIÓN SOBRE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Nas seguintes actividades farase un grupo único:
Robótica Lego: Luns de 16 a 17h
Aventura: Martes de 16 a 17h
Actividades con prazas completas:
Iudo
Minichef
Artist
Actividades que comezan e que ainda teñen prazas dispoñibles:
Psicomotricidad.
Robótica Lego
Zumba 1 e 2
Xadrez
Ballet
Multideporte
Pequemanitas
Música e movemento
Master Chef
Ioga
Baloncesto
Taller Manga
Hip-Hop
Aventura
Parkour
Actividades canceladas pola falta de inscripcions:
Escola de Música
Taller Literario
RECOLLIDA DE SINATURAS CONTRA OS RECORTES EN PROFESORADO
Este ANPA iniciou unha recollida de firmas, con obxecto de amosar o noso rexeitamento ante os recortes en profesorado que sufriu o noso centro CPI CASTRO BAXOI, como pais de alumnos do centro imos facer o que estea na nosa man para tentar reverter esta situación.
Convidámosvos a que asinedes nos negocios onde depositamos follas de recollida de firmas, e poñemos á vosa disposición nesta web o formulario para descargar e que poidades vós conseguir máis firmas e facer máis visible esta iniciativa.
En próximas datas anunciaremos unha concentración á que vos convidaremos de igual forma para que nos acompañedes, pois canto máis familias e veciños do pobo sexamos máis deixaremos patente o noso profundo malestar por este camiño de recortes que se nos impuxo.
Nestes establecementos do concello deixamos follas de firmas, aos cales vos convidamos a achegarvos e asinedes está iniciativa.
Peluquería Garva
Limpieza Garzón
Sapphira Natural Beauty
Frutería Verde y maduro
Zocas
Trendylife
Romeo
Galea Sport_Dequip
Avenida
Carnicería Toñita
Himay
Carnicería Peizás
Churrería Bello
NOVIDADE_CURSO 21/22 ESCOLA DE IDIOMAS
– Inscricións: do 22 ao 29 de Setembro ( Pre-reserva), a cal, será a través da ligazón: https://www.getbrit-idiomas.es/matriculate/
– O 01 de Outubro publicaranse as listaxes por grupos.
– Dirixido a alumnos: Dende Infantil en diante.
– Inicio: 04 de Outubro.
– Lugar: Centro Social A Rúa.
– Duración: Dúas horas semanais.
– Cota Mensual: Socios Anpa: 22 euros (matrícula gratis)
Non Socios: matrícula 18 euros máis o custo da actividade.