RECOLLIDA DE SINATURAS CONTRA OS RECORTES EN PROFESORADO

Este ANPA iniciou unha recollida de firmas, con obxecto de amosar o noso rexeitamento ante os recortes en profesorado que sufriu o noso centro CPI CASTRO BAXOI, como pais de alumnos do centro imos facer o que estea na nosa man para tentar reverter esta situación.

Convidámosvos a que asinedes nos negocios onde depositamos follas de recollida de firmas, e poñemos á vosa disposición nesta web o formulario para descargar e que poidades vós conseguir máis firmas e facer máis visible esta iniciativa.

En próximas datas anunciaremos unha concentración á que vos convidaremos de igual forma para que nos acompañedes, pois canto máis familias e veciños do pobo sexamos máis deixaremos patente o noso profundo malestar por este camiño de recortes que se nos impuxo.

MODELO RECOLLIDA FIRMAS ANPA

Nestes establecementos do concello deixamos follas de firmas, aos cales vos convidamos a achegarvos e asinedes está iniciativa.

Peluquería Garva
Limpieza Garzón
Sapphira Natural Beauty
Frutería Verde y maduro
Zocas
Trendylife
Romeo
Galea Sport_Dequip
Avenida
Carnicería Toñita
Himay
Carnicería Peizás
Churrería Bello