RECOLLIDA DE SINATURAS CONTRA OS RECORTES EN PROFESORADO

Este ANPA iniciou unha recollida de firmas, con obxecto de amosar o noso rexeitamento ante os recortes en profesorado que sufriu o noso centro CPI CASTRO BAXOI, como pais de alumnos do centro imos facer o que estea na nosa man para tentar reverter esta situación.

Convidámosvos a que asinedes nos negocios onde depositamos follas de recollida de firmas, e poñemos á vosa disposición nesta web o formulario para descargar e que poidades vós conseguir máis firmas e facer máis visible esta iniciativa.

En próximas datas anunciaremos unha concentración á que vos convidaremos de igual forma para que nos acompañedes, pois canto máis familias e veciños do pobo sexamos máis deixaremos patente o noso profundo malestar por este camiño de recortes que se nos impuxo.

MODELO RECOLLIDA FIRMAS ANPA

Nestes establecementos do concello deixamos follas de firmas, aos cales vos convidamos a achegarvos e asinedes está iniciativa.

Peluquería Garva
Limpieza Garzón
Sapphira Natural Beauty
Frutería Verde y maduro
Zocas
Trendylife
Romeo
Galea Sport_Dequip
Avenida
Carnicería Toñita
Himay
Carnicería Peizás
Churrería Bello

NOVIDADE_CURSO 21/22 ESCOLA DE IDIOMAS

 

– Inscricións: do 22 ao 29 de Setembro ( Pre-reserva), a cal, será a través da ligazón: https://www.getbrit-idiomas.es/matriculate/
– O 01 de Outubro publicaranse as listaxes por grupos.
– Dirixido a alumnos: Dende Infantil en diante.
– Inicio: 04 de Outubro.
– Lugar: Centro Social A Rúa.
– Duración: Dúas horas semanais.
– Cota Mensual: Socios Anpa: 22 euros (matrícula gratis)
Non Socios: matrícula 18 euros máis o custo da actividade.

Actividade de Conciliación_ Novidade Curso 21/22

Estimadas Familias

Este curso temos unha nova proposta para facilitarvos a conciliación. Trátase dunha nova actividade na que os nenos e nenas desfrutarán de diferentes actividades e xogos. Podes consultar as diferentes opcións que ofrecemos.

Xa podes enviar a solicitude de inscrición ao correo: extraescolarescastrobaxoi@gmail.com

Na folla de inscrición ven detallada toda a información, a cal podes atopar  nesta páxina web no menú de formularios.