Proxecto Salvavidas!

Antes de nada queremos que saibades que estamos orgullosos da vosa solidariedade!

As vosas peticións de pulseiras para conseguir o desfribilador superaron con fartura as nosas previsións polo que realizamos un novo pedido. Motivo polo cal agradecemos que teñades paciencia se os prazos excédense un pouco do previamente informado.

Ao longo da semana que vén entregarémolas no cole como estaba previsto e estarán dispoñibles nos comercios colaboradores.

Grazas outra vez pola vosa solidariedade, xuntos conseguiremos que o cole de Miño sexa un espazo cardioprotegido!!!

Orgullo@s do noso cole!!

O noso cole gañou o Premio Concepción Arenal sobre Igualdadeda Diputación da Coruña na modalidade de Educación Infantil, co proxecto “Explorando a Igualdade” TINOGONA. Teremos unha dotación de 5000 euros para seguir traballando sobre a Igualdade cos nosos nenos e as nosas nenas. 

Este amplo proxecto, partiu do video sobre Tererai Trent no que participamos en todas as etapas educativas. Parabéns a toda a comunidade educativa, este premio é de todos e todas. 

Recordade o que dixo Tererai Trent: “Cando as mulleres durmidas espertan, as montañas móvense”

TINOGONA!!!

https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1332147/centros-educativos-mino-carballo-cambre-ganan-premio-concepcion-arenal-diputacion-coruna