Autor: anpacastrobaxoi
Recollida de Xoguetes
Como cada ano por estas datas, comezamos a campaña de recollida de xoguetes; as familias que o desexedes podedes depositar as vosas achegas no contedor situado na entrada do colexio, onde se recollen aos nenos, estará dispoñible ata o día 9 de decembro, recolleremos os xoguetes en bo estado . Este ano estarán destinados ao colexio María Inmaculada de Bañobre.
MiñoPrevención
Esta actividade va dirixida a Familias, Profesores e Tutores do CPI Castro Baxoi, os puntos a tratar serán os seguintes:
- Obradoiro de Psicoloxía: Charla coloquio onde se abordarán temas como tipos de violencia: psicolóxica, física, económica, sexual e o acoso sexual.
- Obradoiro de Dereito: Asesoramento para proceder en caso de acoso ou vítima de violencia de xénero.
- Obradoiro de Informática: Uso correcto das RRSS, importancia de coidar a nosa privacidade en Internet e información de liñas de axuda.
- Obradoiro de Defensa Persoal: Defensas, resolución de situación en espazos pechados.