Comedor

 

É un servizo prestado pola empresa Jardanay, unha empresa familiar da Coruña, dedicada á restauración para colectividades que ofrece unha xestión integral e personalizada dos comedores, incluíndo todas aquelas necesidades asociadas como é a limpeza ou, no caso dos colexios, a educación no tempo libre. Adáptanse a cada un, tanto se teñen instalacións propias para cociñar in situ coma se non as teñen e transportan a comida en quente que se prepara na súa cociña central.

Jardanay nace no ano 2000, cando o seu fundador Juan Antonio Vilar decidiu emprender o seu propio proxecto tras 15 anos de experiencia neste segmento da hostalaría. Hoxe en día, coa seguinte xeración familiar xa incorporada á empresa, Jardanay optou por conxugar os acenos de identidade da compañía – calidade, gusto caseiro e atención personalizada- coa profesionalización dun sector en continuo desenvolvemento tecnolóxico e operativo.

PRAZOS PARA A INSCRICIÓN DO SERVIZO:

  • O período para poder realizar altas de cara ao comezo de curso esténdese dende o 16 DE XUÑO  ata o 31 de AGOSTO, ambos inclusive.

PRAZOS E CONDICIÓNS PARA A INSCRICIÓN DO SERVIZO:

• Lembramos que para ser usuario dos servizos existen dúas opcións: darse de alta como socios do
ANPA (cota anual 20€) ou formalizar unha matrícula de non socios (pago anual de 30€ por cada servizo e por cada niñ@). Para información máis detallada poñemos a disposición o número do ANPA (682. 321. 886).
• O período para poder realizar altas de fronte ao comezo de curso esténdese dende o 16 DE XUÑO ata o 31 de AGOSTO, ambos inclusive. Durante o resto do curso: novas altas, baixas, ou modificacións sobre a alta inicial, poderanse realizar na web ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas únicamente a partir do día 1 do mes seguinte.-
• Non terán efecto as altas, baixas ou modificacións comunicadas fóra de prazo nin con defectos
de forma.
• É imprescindible que o alumnado con algún tipo de dieta especial (alerxias, intolerancias alimentarias ou dietas por motivos relixiosos) enchan adicionalmente o formulario de Dietas especiais que atoparán nesta plataforma no menú da esquerda despois de encher e enviar o presente formulario.
• Todas as altas, modificacións e baixas terán efecto desde o día 1 do mes ao que se refiran. Coas excepcións de principio de curso, fin de curso e cando finalice o período de adaptación (só para alumnos de 4º de Educación Infantil).

OPERATIVA

Para iso deberase: • Acceder á web www.jardanay.es e picar na apartado “área clientes” para seleccionar CPI CASTRO BAXOI • Introducir as seguintes claves:

-Usuario: castrobaxoi
-Contrasinal: comedores2025

Unha vez dentro da zona privada, os diferentes formularios aparecerán na parte esquerda da
pantalla. No caso de querer solicitar máis dun servizo ou para máis dun neno ou nena, deberase
encher e enviar un formulario por cada un deles de cada vez.
Se o formulario está correctamente rexistrado, recibirase unha copia da solicitude no correo
electrónico. Esta copia equivale a unha confirmación da praza, a menos que a empresa se poña en contacto por algún problema concreto.

HORARIO DE SAÍDA OU RECOLLIDA:
Existen os horarios de recollida: ás 15.00 / 15.15 ou ás 16.00 horas, deberase avisar debidamente á monitora do horario escollido vía Whatsaap ao 600 056 886 (SÓ DISPOÑIBLE EN HORARIO DO SERVIZO: 13.15-16.00). E entregaranse só aos pais ou ás persoas autorizadas polos mesmos, a cal debe ser por escrito.
• Lembramos que para autorizar a recollida do alumnado por persoas diferentes aos seus titores/as, débese cubrir a pestana «Persoas autorizadas para a recollida do alumnado» (dispoñible na web de Jardanay, e tamén está dispoñible nesta web no menú de Formularios.
* Os nenos de infantil con irmáns en primaria sairán xuntos por abaixo.


Tamén existe a posibilidade de que os nenos sexan entregados aos monitores de actividades extraescolares se estas comezan a continuación do comedor e son organizadas polo ANPA.

MODALIDADES DEL SERVICIO

Este servizo préstase en varias modalidades para escoller polo usuario:
Fixo: acode todos os días.
Fixo descontinuo: acode fixo pero non todos os días da semana.
Esporádico: Para facer uso do servizo de forma esporádica, é necesario estar inscrito/a en esta modalidade e comprar o vale con anterioridade na páxina web www.vales.jardanay.es. No caso do comedor, débese avisar o día anterior a acudir mediante teléfono (ao coordinador/a) ou correo electrónico. Recomendamos a inscrición nesta modalidade en caso de ter previsión de necesitar este servizo ao longo do curso. Non ten custo adicional mensual, soamente o día que se utilice o mesmo.

DAR DE BAIXA A UN ALUMNO/A OU MODIFICAR AS CONDICIÓNS DE USO DO SERVIZO: As baixas, ou modificacións sobre a alta inicial, poderanse realizar na web ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas unicamente a partir do día 1 do mes seguinte.
NON terán efecto as altas, baixas ou modificacións comunicadas fóra de prazo nin con defectos
de forma. É importante estar ao corrente de pago.

DIETAS E ALERXIAS ALIMENTARIAS
Dieta branda: avisarase ao teléfono do coordinador/a ou á oficina antes das 9:00 da mañá.
Alerxias ou intolerancias alimentarias (ex. enfermidade celíaca,intolerancia á lactosa): é imprescindible encher o formulario web para solicitar unha dieta adaptada.

 FORMA DE PAGO

  • Sempre mediante domiciliación bancaria, o día 15 de cada mes.
  • Os/as alumnos/as esporádicos, de habelos, pagarán mediante un vale, que deberá comprarse
    previamente na web www.vales.jardanay.es. Non se aceptarán pagos en efectivo.
  • Estableceranse descontos por inasistencia comunicada previamente en 24 horas no correo: comedor@jardanay.es Habilitarase un sistema para o seu control.

DESCONTOS: Cando existan dous irmáns acudindo ao comedor, existirá un desconto do 10% para a modalidade máis económica. Se son tres ou máis irmáns, o desconto será do 12% tamén nas modalidades máis económicas. A modalidade esporádica non ten descontos.

 

TARIFAS DO SERVIZO:

MODALIDADES PREZO
Fixo mensual. 90,60€
Fixo 4 días 74,36 €
Fixo 3 días 56,33 €
Fixo 2 días 37,75 €
Fixo 1 día 19,00 €
Esporádico 6,23 €

Tarifa bonificada pola pertenza da nosa asociación á Federación de Anpas.

52_Castro Baxoi_Díptico_25-26 (DESCARGAR)

MÁIS INFORMACIÓN E CONTACTO
OFICINAS JARDANAY: Menéndez Pelayo 12, 1ºIzda • A Coruña • Tel. 981 12 66 27 (Horario: de 8:00 h. a 18:00 h) • comedor@jardanay.es | www.jardanay.es COORDINADOR: Tel. 600 056 886