Quen Somos

 

Somos unha asociación sen ánimo de lucro de pais, voluntarios e titores de estudantes do C.P.I. Castro Baxoi que se xuntaron para aportar ideas e solucións ás necesidades dos estudantes.  Entre os propósitos que desempeñan están:
• Axudar ás nais e pais nas tarefas relacionadas coa educación.
• Colaborar coas actividades educativas e xestionar as extraescolares do colexio.
• Promover a participación dos pais no Centro.
• Facilitar a representación das nais e pais e do alumnado no Consello Escolar do Centro.
• Promover a gratuidade no ámbito do Centro.
• Promover a igualdade de dereitos para todos os estudantes.
• Requirir aos poderes públicos que cumpran a normativa.
• Informar ás nais e pais das actividades da propia ANPA e fomentar a súa participación.
• Calquera actividade para contribuír a mellorar a formación do alumnado.