ACTIVIDADES FINANCIADAS E CON PARTICIPACIÓN DA ANPA MIÑO Castro Baxoi COA COMUNIDADE EDUCATIVA. Neste proxecto potenciaranse as relacións coa educación emocional e a boa comunicación, esta desenvolverase no primeiro trimestre do curso (3o, 4o, 5o e 6o de EP). O que busca a Convivencia e o Benestar é: Inclusión, ambiente seguro, paz, sentirse valorado, comprensión, confianza e tranquilidade.
Ioga na Escola
Colaboración co Programa Ioga na Escola: que vai dirixido ao alumnado de Educación Primaria (1º a 6º EP), terá 4 sesións ao longo do curso repartidas entre martes e xoves segundo o calendario. Os obxectivos a traballar serían: Presentar o ioga como un instrumento de relaxación e gozo, Traballar a respiración e o seu manexo para acadar a calma e Aproximación ao control corporal e á conexión mente-corpo.
Calendario Escolar_Curso 23/24
O día da infamia
Convivencia Fin de Curso 22/23
🎉🥳Convivencia de Fin de Curso 🎊🎊 Mércores 21 de Xuño. Horario: de 16:00 a 19:00 horas.
✴️✴️Importante: Os nenos deberán ir acompañados dun adulto.