

É un servizo prestado pola empresa Jardanay En horario de 7:30 a 8:45, na aula onde se sitúa o comedor.
PRAZOS E CONDICIÓNS PARA A INSCRICIÓN DO SERVIZO:
• Lembramos que para ser usuario dos servizos existen dúas opcións: darse de alta como socios do
ANPA (cota anual 20€) ou formalizar unha matrícula de non socios (pago anual de 30€ por cada servizo e por cada niñ@). Para información máis detallada poñemos a disposición o número do ANPA (682. 321. 886).
• O período para poder realizar altas de fronte ao comezo de curso esténdese desde o 16 DE XUÑO ata o 31 de AGOSTO, ambos inclusive. Durante o resto do curso: novas altas, baixas, ou modificacións sobre a alta inicial, poderanse realizar na web ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas unicamente a partir do día 1 do mes seguinte.-
• Non terán efecto as altas, baixas ou modificacións comunicadas fóra de prazo nin con defectos
de forma.
• É imprescindible que o alumnado con algún tipo de dieta especial (alerxias, intolerancias alimentarias ou dietas por motivos relixiosos) enchan adicionalmente o formulario de Dietas especiais que atoparán nesta plataforma no menú da esquerda despois de encher e enviar o presente formulario.
• Todas as altas, modificacións e baixas terán efecto desde o día 1 do mes ao que se refiran. Coas excepcións de principio de curso, fin de curso e cando finalice o período de adaptación (só para alumnos de 4º de Educación Infantil).
OPERATIVA
• Para formalizar a inscrición acceder á web www.jardanay.es picar na apartado “área clientes” e seleccionar CPI CASTRO BAXOI
As claves para acceder á área privada do centro son:
-Usuario: castrobaxoi
-Contrasinal: comedores2025
Fai click na seguinte ligazón: https://jardanaycomedores.es/
Unha vez dentro da zona privada, os diferentes formularios aparecerán na parte esquerda da
pantalla. No caso de querer solicitar máis dun servizo ou para máis dun neno ou nena, deberase
encher e enviar un formulario por cada un deles de cada vez.
Se o formulario está correctamente rexistrado, recibirase unha copia da solicitude no correo
electrónico. Esta copia equivale a unha confirmación da praza, a menos que a empresa se poña en contacto por algún problema concreto.
MODALIDADES DEL SERVICIO:
Este servizo préstase en varias modalidades para escoller polo usuario:
• Fixo: acode todos os días.
• Fixo descontinuo: acode fixo pero non todos os días da semana.
• Esporádico: ara facer uso do servizo de forma esporádica, é necesario estar inscrito/a en esta modalidade e comprar o vale con anterioridade na páxina web www.vales.jardanay.es. No caso do comedor, débese avisar o día anterior a acudir mediante teléfono (ao coordinador/a) ou correo electrónico.
Recomendamos a inscrición nesta modalidade en caso de ter previsión de necesitar este servizo
ao longo do curso. Non ten custo adicional mensual, soamente o día que se utilice o mesmo.
TARIFAS DO SERVIZO
|
MODALIDAD |
CON desayuno |
SIN desayuno |
|
Fijo al mes |
46,33€ |
42,21 € |
|
Fijo 4 días/semana |
37,06 € |
33,77 € |
|
Fijo 3 días/semana |
27,80 € |
25,33 € |
|
Fijo 2 días/semana |
18,53 € |
16,88 € |
|
Fijo 1 día/semana |
9,27 € |
8,44€ |
|
Esporádicos |
3,35 € |
3,09 € |
FORMA DE PAGO:
• Sempre mediante domiciliación bancaria, o día 15 de cada mes.
• Os/as alumnos/as esporádicos, de habelos, pagarán mediante un vale, que deberá comprarse
previamente na web www.vales.jardanay.es. Non se aceptarán pagos en efectivo.
• Estableceranse descontos por inasistencia comunicada previamente no correo: comedor@jardanay.es. Habilitarase un sistema para o seu control.
DESCONTO:
Cando existan dous irmáns/as utilizando os nosos servizos, existirá un desconto do 10% para a modalidade máis económica. Se son tres ou máis irmáns/as, o desconto será do 12% tamén nas
modalidades máis económicas. A modalidade esporádica non ten desconto.
52_Castro Baxoi_Díptico_25-26 (Descargar)

Teléfono para contactar directamente coas monitoras do servizo: 600 056 886, (só estará dispoñible no horario que se presta o servizo).
MÁIS INFORMACIÓN E CONTACTO
OFICINAS JARDANAY: Menéndez Pelayo 12, 1ºIzda • A Coruña • Tel. 981 12 66 27 (Horario: de 8:00 h. a 18:00 h) • comedor@jardanay.es | www.jardanay.es COORDINADOR: Tel. 600 056 886
