Comedor

 

É un servizo prestado pola empresa Jardanay, unha empresa familiar da Coruña, dedicada á restauración para colectividades que ofrece unha xestión integral e personalizada dos comedores, incluíndo todas aquelas necesidades asociadas como é a limpeza ou, no caso dos colexios, a educación no tempo libre. Adáptanse a cada un, tanto se teñen instalacións propias para cociñar in situ coma se non as teñen e transportan a comida en quente que se prepara na súa cociña central.

Jardanay nace no ano 2000, cando o seu fundador Juan Antonio Vilar decidiu emprender o seu propio proxecto tras 15 anos de experiencia neste segmento da hostalaría. Hoxe en día, coa seguinte xeración familiar xa incorporada á empresa, Jardanay optou por conxugar os acenos de identidade da compañía – calidade, gusto caseiro e atención personalizada- coa profesionalización dun sector en continuo desenvolvemento tecnolóxico e operativo.

Existen dous horarios de recollida, as 15:15 e as 16 horas, avisarase debidamente á monitora do horario escollido. E entregaranse só aos pais e ás persoas autorizadas polos mesmos, por escrito.

Saídas de comedor:  Os horarios de saída serán a escoller entre:

-15:00 h Infantil (Entrada principal do colexio)

-15:30 h Infantil e Segunda quenda de comedor (Entrada principal do colexio)

-15:50 a 16 h. Infantil * (Porta principal) Primaria e ESO (Porta de abaixo) .* Os nenos de infantil con irmáns en primaria sairán xuntos por abaixo.

Tamén existe a posibilidade de que os nenos sexan entregados a los monitores de actividades extra escolares se estas comezan a continuación do comedor e son as organizadas pola ANPA.

PRAZOS PARA A INSCRICIÓN DO SERVIZO:

  • O período para poder realizar altas de cara ao comezo de curso esténdese desde o 15 DE JULIO  ata o 30 de AGOSTO, ambos inclusive.
  • Para o resto do curso, o período para poder realizar novas altas, baixas ou modificacións finalizará o día 26 do mes anterior e estas terán efecto exclusivamente o día 1 do mes seguinte (exemplo: se se solicita a modificación con data 29 de outubro para o 1 de novembro, estaría fóra de prazo e tería efectos para o 1 de decembro).
  • É imprescindible que o alumnado con algún tipo de dieta especial (alerxias e intolerancias alimentarias ou dietas por motivos relixiosos) encher adicionalmente o formulario de Dietas especiais que atoparán nesta plataforma no menú da esquerda despois de encher e enviar o presente formulario.
  • NON terán efectos altas, baixas ou modificacións comunicadas fóra de prazo ou con defectos de forma ou ben realizadas por teléfono ou correo electrónico.
  • Lembramos que para autorizar a recollida do alumnado por persoas diferentes aos seus titores/as, débese cubrir a pestana «Persoas autorizadas para a recollida do alumnado», tamén está dispoñible nesta web no menú de Formularios.
  • Se o formulario está correctamente rexistrado, recibirase unha copia da solicitude no correo electrónico. Esta copia equivale a unha confirmación da praza, a menos que a empresa póñase en contacto por algún problema en concreto.
  • Todas as altas, modificacións e baixas terán efecto desde o día 1 do mes ao que se refiran. Coas excepcións de principio de curso, fin de curso e cando finalice o período de adaptación (só para alumnos de 4º de Educación Infantil).

Para iso deberase: • Acceder á web www.jardanay.es e picar na apartado “área clientes” para seleccionar CPI CASTRO BAXOI • Introducir as seguintes claves:

-Usuario: castrobaxoi
-Contrasinal: comedores2023

Para o curso escolar 2023/2024 feixe click na seguinte ligazón: https:// jardanaycomedores.es/

COMO USAR O SERVIZO DE FORMA ESPORÁDICA?  Deberase avisar ao teléfono do coordinador/a 600 056 886 ou á oficina, antes das 09:00 do día no que se fose a facer uso do comedor. Os pais dos nenos e nenas esporádicos con algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria deberán avisar cun mínimo de dous días de antelación.

COMO DAR DE BAIXA A UN ALUMNO/A Ou MODIFICAR As CONDICIÓNS DE USO DO SERVIZO? ( P.ex. pasar da modalidade fixa 2 días, á fixa 4 días) Débese cubrir o formulario electrónico correspondente antes do día 26 do mes anterior en que tivese que facer efecto. Para formalizar a baixa deberá cubrir o formulario na plataforma online e estar ao corrente de pago.

DIETAS E ALERXIAS ALIMENTARIAS
Dieta branda: avisarase ao teléfono do coordinador/a ou á oficina antes das 9:00 da mañá.
Alerxias ou intolerancias alimentarias (ex. enfermidade celíaca,intolerancia á lactosa): é imprescindible encher o formulario web para solicitar unha dieta adaptada.

 FORMA DE PAGO
• Sempre mediante domiciliación bancaria, os días 15 de cada mes.
• Os alumnos/ as esporádicos/ as de habelos, pagarán “in situ” a través do sistema de vales.
• A ausencia e non uso dos servizos comedor/madrugadores NON exime do pago da cota.


DESCONTOS: Cando existan dous irmáns acudindo ao comedor, existirá un desconto do 10% para a modalidade máis económica. Se son tres ou máis irmáns, o desconto será do 12% tamén nas modalidades máis económicas. A modalidade esporádica non ten descontos.

Este servizo préstase en varias modalidades para escoller polo usuario:
Fixo: acode todos os días.
Fixo descontinuo: acode fixo pero non todos os días da semana.
Esporádico: Acode ocasionalmente. Neste caso tamén é necesario cumprimentar o impreso de matrícula (requirimentos do seguro). Deberase avisar á oficina (981 12 66 27), antes das 09:00 horas do día no que fóra a facer uso do comedor. En caso de nenos alérxicos ou intolerantes o aviso ha de ser con dous días de antelación.

TARIFAS DO SERVIZO:

MODALIDADES PREZO
Fixo mensual. 88,00€
Fixo 4 días 72,23 €
Fixo 3 días 54,72 €
Fixo 2 días 36,67 €
Fixo 1 día 18,46 €
Esporádico 6,06 €

No caso de que os usuarios non sexan socios da ANPA cobrarase unha matrícula por usuario de 20€.

*Na sección de Formularios desta web pode descargar o díptico coa información detallada do servizo, asi como os criterios de acceso.

Tarifa bonificada pola pertenza da nosa asociación á Federación de Anpas.

MÁIS INFORMACIÓN E CONTACTO
OFICINAS JARDANAY: Menéndez Pelayo 12, 1ºIzda • A Coruña • Tel. 981 12 66 27 (Horario: de 8:00 h. a 18:00 h) • comedor@jardanay.es | www.jardanay.es COORDINADOR: Tel. 600 056 886