Informámoslles que temos prazas libres para as Actividades Extraescolares que se mencionan a continuación:

  • Baloncesto

  • Iudo

  • Nenos Felices  e

  • Zumba

Así mesmo lembrámoslles que o pago do segundo trimestre das Actividades é ata o 10 de Xaneiro.

Recollida de Xoguetes

Como cada ano por estas datas, comezamos a campaña de recollida de xoguetes; as familias que o desexedes podedes depositar as vosas achegas no contedor situado na entrada do colexio, onde se recollen aos nenos, estará dispoñible ata o día 9 de decembro, recolleremos os xoguetes en bo estado . Este ano estarán destinados ao colexio María Inmaculada de Bañobre.

MiñoPrevención

Esta actividade va dirixida a Familias, Profesores e Tutores do CPI Castro Baxoi, os puntos a tratar serán os seguintes:

  • Obradoiro de Psicoloxía: Charla coloquio onde se abordarán temas como tipos de violencia: psicolóxica, física, económica, sexual e o acoso sexual.
  • Obradoiro de Dereito: Asesoramento para proceder en caso de acoso ou vítima de violencia de xénero.
  • Obradoiro de Informática: Uso correcto das RRSS, importancia de coidar a nosa privacidade en Internet e información de liñas de axuda.
  • Obradoiro de Defensa Persoal: Defensas, resolución de situación en espazos pechados.

PARA ESTA ACTIVIDADE HABERÁ CONCILIACIÓN