Avaliación individualizada 3º curso EP

O próximo mércores 23 e xoves 24, terá lugar a avaliación individualizada para o alumnado do 3º curso de Educación Primaria.

Neste curso, as competencias avaliadas serán a lingüística, tanto en galego como en castelá, e a competencia matemática.

O alumnado de 3º realizará cada día dúas probas, en horario escolar e cun descanso de 20 minutos entre elas. As probas non teñen validez académica. Permitirán elaborar un informe individualizado de cada alumno, que se comunicará ás familias, e permitirá, se é o caso, tomar medidas de mellora ou reforzo.

Tamén se elaborará un informe do centro en comparación con outros centros das mesmas características e co total de Galicia, e que a dirección levará ao Consello Escolar no seu momento.

Podedes obter información no centro (equipo directivo) ou tamén nestes enlaces:

http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/65%2C142/…/all

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24784