Concurso de debuxo!!

Como  sabedes, estreamos páxina web e precisamos da colaboración de todos para darlle un toque moi especial.

Pensamos que a mellor maneira de decorala sería contando coas obras de arte dos nosos alumnos do CPI Castro Baxoi.

Por iso mesmo propoñemos un concurso de debuxo coas seguintes temáticas:

Infantil: Cabeceira de conciliación ( mañanceiros e comedor).

Primaria: cabeceira de extraescolares.

ESO: cabeceira da páxina de inicio da web (a botarlle imaxinación).

Selecionarase a un alumno de cada etapa como gañador da súa categoría e o premio consistirá nun lote de artigos adecuados para a súa idade, valorado en 50€.

Para concursar debedes enviar os debuxos dos vosos pequenos artistas ó correo: correo@anpacastrobaxoi.gal

Estas son as normas:

1.As obras, se queren, poden asinalas co nome real, un pseudónimo ou como anónimo. Aos pais dos gañadores, darémoslles un documento no que autoricen a publicar o deseño dos seus fillos nas  RRSS do Anpa e a maiores se queren autorizar a publicación do nome real do gañador.

2.Gardade o orixinal ¡O gañador vaino precisar!

3.Será en horizontal, para que se vexa como se merece.

4.Ó enviarnos o debuxo por mail, indicar a idade do nen@, nome e apelidos, curso e un teléfono de contacto. Asunto: CONCURSO.

5.Fecha límite: 13 de Maio de 2018. Os gañadores anunciaranse o xoves 24 de Maio.

6.Por último, pero non menos importante… NADA DE TRAMPAS. ¡¡¡ O concurso é para os nenos!!!