Información importante sobre o servizo de mañanceiros

Pola presente gustarianos informarvos a todos da nova dinámica de mañanceiros.

A entrada a este servicio viñase realizando polo portalón traseiro do centro, onde se formaban charcos cando chovía e con iluminación pobre. Ainda que xa se abordara o tema algunha vez y se puxeran algunhas medidas, estas non resultaron de todo satisfactorias.

Nunha reunión sobre os servizos de conciliación que se realizou a principios do curso fixosenos participes do malestar dos usuarios de mañanceiros coa forma de entrada no servizo, polo que se decideu na mesma realizar un escrito e recollida de firmas dos usuarios para mostrar a nosa insatisfacción en grupo. Fixoselle chegar a dirección e nunha reunión con eles acordamos o cambio de porta de entrada. Para iso o ANPA instalou un videoporteiro, donde antes había timbre e equipou a secretaria e o aula de madrugadores de receptores do mesmo para o acceso dos usuarios, o colexio en horario habitual e a mañanceiros en horario de 7:30 a 8:30h ( solo funcionará neste horario).

De este modo os usuarios de mañanceiros deberán, dende o próximo luns dia 12 de este mes, entrar pola porta principal do centro, timbrarán, as monitoras abriranlles o portal metálico pequeno e os país acompañaran os nen@s ó aula de mañanceiros na planta baixa pola rampa de acceso ó patio, alí serán recibidos polas monitoras. . Pedimos a colaboración de todos, para que as portas queden debidamente pechadas despois de pasar, pola seguridade do centro e os nen@s.

Esperamos que a medida seña do agrado de todos