Ioga na Escola

Colaboración co Programa Ioga na Escola: que vai dirixido ao alumnado de Educación Primaria (1º a 6º EP), terá 4 sesións ao longo do curso repartidas entre martes e xoves segundo o calendario. Os obxectivos a traballar serían: Presentar o ioga como un instrumento de relaxación e gozo, Traballar a respiración e o seu manexo para acadar a calma e Aproximación ao control corporal e á conexión mente-corpo.